Este REA, correspóndese coa unidade didáctica 3 (Creamos cousas novas!) da aplicación PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.
O recurso aborda os contidos presentes nos bloques 2. Comunicación oral, 3. Comunicación escrita, 4. Alfabetización mediática e informacional e 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos no marco de proposta de Elaboración de textos multimodais,
Os contidos da materia que se recollen neste REA son:
| Contidos |
Bloque da materia |
- Contexto: Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle e realidade bilingüe) na comunicación oral.
- Xéneros discursivos: Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución de textos orais en lingua galega.
- Procesos: interacción oral: Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
- Procesos: produción oral: Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese. Pronuncia e entoación adecuadas nos distintos contextos, atendendo á particularidade fonética da lingua galega.
|
Bloque 2 |
- Xénero discursivos: Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.
- Xénero discursivos: Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación breve.
- Xénero discursivos: Elementos básicos de contido en textos escritos (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información) e forma (estrutura, formato, título, imaxes, tipografía).
- Procesos: comprensión lectora: Comprensión global e específica de textos diversos da literatura galega, atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica destes.
- Procesos: comprensión lectora: Uso da biblioteca para a lectura dos libros propostos, na procura de información e a súa utilización como fonte de información e lecer.
- Procesos: comprensión lectora: Uso das bibliotecas de aula, do centro e das virtuais, mostrando coñecementos básicos da súa organización (catalogación, funcionamento) e participación en actividades de corte literario. Interese por manter a biblioteca propia e persoal, ampliando os seus fondos físicos e virtuais, con textos variados da literatura galega.
- Procesos: produción escrita: Uso de fontes documentais diversas, tanto en papel como dixitais, para mellorar a expresión escrita en lingua galega.
|
Bloque 3 |
- Estratexias para a procura de información en fontes documentais e dixitais no contorno familiar e social.
- Estratexias de comparación, clasificación e valoración crítica da información.
- Identificación e valoración crítica, de forma autónoma, das mensaxes e da información recollidas e transmitidas de distintas fontes e de distintos tipos de texto.
- Estratexias de elaboración de contidos a partir de información obtida noutros textos coas convencións formais básicas.
- Síntese e reelaboración de coñecementos de forma acompañada e con apoio de modelos.
- Utilización progresivamente autónoma da biblioteca e os recursos dixitais da aula ou do centro.
- Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.
- Estratexias para compartir experiencias de lectura que perfilen a identidade lectora.
- Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.
|
Bloque 4 |
- Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
- Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
- Mecanismos léxicos básicos para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
- Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronome e artigo) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
|
Bloque 6 |
Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX 2 |
Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas. |
| OBX 3 |
Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas. |
| OBX 4 |
Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos. |
| OBX 5 |
Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas. |
OBX 6
|
Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual. |
| OBX 9 |
Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita. |
A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL2, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP2, CP3 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) |
STEM1, STEM2 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD4 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC2, CC3 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE1, CE3 |
| Competencia conciencia e expresións culturais (CCEC) |
|