Temporalización do REA
Este REA está formado pola unidade didáctica 3 publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 16 sesións do primeiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Un cole desinformado (Mobilizar) |
1.1. Podemos informar á escola? 1.2. Sabemos que facer! |
Sesión de motivación e presentación da tarefa. Presentación da problemática e do tema central, os textos orais e escritos. |
1 sesión |
|
2. Que sabemos? (Activar e recordar) |
2.1. Mestras da gramática 2.2. Diario de aprendizaxe |
Sesión de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias. |
2 sesións |
|
3. A maxia da voz e das letras (Explorar, revisar e estruturar) |
3.1. Textos orais, expositivos 3.2. Textos orais, instrutivos 3.3. Texto orais, o debate 3.4. Textos escritos, descritivos 3.5. Textos escritos, literarios 3.6. Textos escritos, opinión Diario de aprendizaxe |
Sesións con actividades informativas e interactivas utilizando como fío condutor os textos orais e escritos. A través deles trabállanse diferentes aspectos gramaticais do currículo. Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva do “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe. Inclúe sesións con actividades interactivas multinivel e opcións diferentes para garantir a consecución da actividades. Foméntase a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento. Utilizase o diario de aprendizaxe como canle e guía para eses procesos. |
6 sesións |
|
4. Reto final (Aplicar e comprobar) |
4.1. Seleccionadoras de retos! 4.2. Constrastamos información 4.3. Construtoras de novas 4.4. Presentacións TOP! Diario de aprendizaxe |
Sesións dirixidas á realización dos retos propostos, que pretenden dar solución, mediante o traballo en grupo, á necesidade de informar á comunidade educativa. | 6 sesións |
|
5. Conclusións (Concluír e comunicar) |
5.1. Defensoras de retos 5.2. Persoas expertas avaliadoras |
Sesións vinculadas á presentación dos resultados e produtos obtidos nos retos da fase 4. Realízase a través da auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e a exposición dos resultados ao resto do alumnado da aula. | 1 sesión |