Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que contén a unidade didáctica 3 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA2.1: Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos. | Identifica nun texto oído de 100/150 palabras o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas. | Proba escrita | 3 | 8 |
| CA2.3: Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos. | Expresa as súas ideas con claridade e vocabulario axeitado en situacións propostas na clase. | Táboa de indicadores | 3 | 8 |
| CA2.5: Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir de experiencias e interaccións orais próximas. | Expresa con claridade e vocabulario axeitado vivencias recentes. | Táboa de indicadores | 3 | 8 |
| CA3.2: Comprender distintos tipos de textos en lingua galega valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal | Expresa valoración persoal sobre un texto escrito seleccionado por el/ela mesmo/a. | Probra escrita | 3 | 8 |
| CA3.3: Utilizar estratexias para a comprensión lectora de textos de diversa tipoloxía, en lingua galega identificando palabras clave e anticipando hipóteses. | Indentifica palabra clave en textos breves. | Proba escrita | 3 | 8 |
| CA3.4: Analizar, de maneira progresivamente autónoma, o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura. | Clasifica diferentes textos en función do contido e da presencia ou non de elementos paratextuais. | Proba escrita | 3 | 8 |
| CA3.6: Producir textos escritos e multimodais coherentes e sinxelos, en distintos soportes, a partir do modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. | Elabora un documento dixital con título, texto e imaxe, correctamente organizado. | Proba escrita | 3 | 8 |
| CA3.8: Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas da aula, do centro e das virtuais, comprendendo a súa organización e colaborando no seu coidado e interesarse por manter e ampliar unha biblioteca propia, tanto física como virtual, contextos variados da literatura galega. | Utiliza correctamente clasificación na biblioteca na busca de libros por temática. | Táboa de indicadores | 3 | 8 |
| CA4.1: Desenvolver un proceso de investigación individual, sobre algún tema de interese, realizado de maneira autónoma que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes, incluídas as dixitais, mediante a adaptación creativa de modelos dados. | Elabora un documento orixinal a partir de dúas fontes documentais diferentes. | Táboa de indicadores | 3 | 8 |
| CA4.2: Compartir os resultados dun proceso de investigación individual ou grupal, sobre algún tema de interese persoal ou ecosocial, realizado de maneira progresivamente autónoma, que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes incluídas as dixitais | Comunica e defende un texto multimodal elaborado a partir de información obtida noutros textos. | Táboa de indicadores | 3 | 8 |
| CA4.3: Utilizar a biblioteca de aula e centro para localizar lecturas axeitadas ao seu gusto persoal e intereses, aplicando as normas básicas do seu funcionamento. | Recoñece as diferentes temáticas e a súa identificación e ubicación na biblioteca. | Táboa de indicadores | 3 | 8 |
| CA6.2: Producir en galego textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición. | Redacta textos escritos e multimodais con uso correcto e axeitado de adxectivos. | Proba escrita | 3 | 6 |
| CA6.6: Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. | Recoñece en textos os nomes e adxectivos. | Proba escrita | 3 | 6 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||