Antes de comezar
Este REA vai dirixido ao alumnado de 5º de primaria, e nel de abordarán os seguintes bloques de Lingua Castelá e Literatura:
Bloque 2. Comunicación oral
Bloque 3. Comunicación escrita
Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional
Bloque 5. Educación literaria
Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.
O reto final deste REA consistirá na gravación e publicación dun podcast cun conto onde o/a protagonista será un activista medioambiental, real o imaxinario, que terá que solucionar ou poñer en alerta á sociedade sobre un problema medioambiental para chegar a ser unha persoa guardiana do planeta.
O conto deberá incluir unha descrición, do personaxe principal, e algún aspecto que faga referencia á súa biografia. Ademais, deberá ter, introdución, nó e desenlace, así como unha ortografía e gramática axeitada.
Metodoloxicamente podemos resaltar que tanto o produto final do reto, como os retos intermedios, realizaranse en equipos base de traballo cooperativo. Estes equipos serán os encargados de planificar, deseñar, elaborar e evaluar as súas producións. Como conclusión final todos os grupos deberán coordinarse para facer un mural cos seus traballos que serán accesibles a través dun código QR.
Neste REA trataremos distintos tipos de texto nos que terán que resolver pequenos retos encamiñados á consecución do reto final: o diario, a descrición, a biografía e o conto.
Na elaboración destes textos faremos fincapé nas regras ortográficas de: b/v, y/ll, c/cc e reflexionaremos en distintos aspectos gramaticais da Lingua: os determinantes e o verbo.
Metodoloxicamente podemos resaltar que tanto o produto final do reto, como os tarefas intermedias, realizaranse en equipos base de traballo cooperativo. O traballo nestes equipos será planificar, deseñar, elaborar e evaluar as súas producións. Como conclusión final todos os grupos deberán coordinarse para a exposición funal dos podcast elaborados.
As diferentes actividades propostas están diseñadas para resolverse de xeito individual, parellas e grupos de traballo cooperativo (4 ou 5 integrantes, dependendo do grupo clase). Nalgunhas actividades de reflexión e posta en común os grupos base interrelacionaranse.
As actividades programadas neste REA serán do tipo:
- dixitais, con corrección automática,
- para facer no seu caderno de aula,
- en equipo, para realizar con diferentes estructuras de aprendizaxe cooperativo e
- manipulativas.
A elección das temáticas dos textos do REA están relacionadas co tema dos ecosistemas de Ciencias Naturais, debido a temporalización habitual de ámbalas dúas materias.
Abordaranse as emocións que se trasmiten nos diferentes textos e que serán inspiradoras nas creacións do alumnado onde podrán contar experiencias personais, sentimentos, emocións, froito da reflexión individual e grupal que será parte imprescindible no desenvolvemento do noso alumnado e común a todas as áreas.