Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Este REA está deseñado para poder ser realizado con medios tecnolóxicos, xa que aporta variedade de actividades interactivas moi atractivas e adaptadas a todo o alumnado.
De non contar con ordenadores individuais, pódense realizar nos paneis interactivos en gran grupo.
Neste REA inclúense todos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento, tanto para o alumnado, como para o profesorado. No material inclúense plantillas en dous formatos:
- Editables (.odt e .odp): teñen como finalidade que o profesorado poida adaptar as actividades e tamén que o alumnado poida utilizalas para realizar os exercicios de forma directa no caso de dispor de ordenadores, aforrando ter que imprimilos.
- Formato .pdf: teñen como finalidade que se poidan imprimir e proxectar sen alteración no seu estilo.
Todas as actividades descargables no REA do alumnado, tanto editables coma non, levan ao seu carón o enlace para poder ser descargadas nos formatos indicados.
Materiais para a realización de actividades manipulativas.
Diferentes documentos para o seguimiento das actividades: infografías, fichas prácticas, vocabulario, autoavaliacións, rúbricas…
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Ao longo do REA desenvolveranse actividades individuais, en parella, pequeno grupo e gran grupo.
O tipo de agrupamento máis empregado será grupos base cooperativos de 4 o 5 integrantes dependendo do número total da aula que realizarán actividades cooperativas nos diferentes apartados deste REA.
Os distintos grupos base tamén se interrelacionarán durante todo o proceso en diferentes situacións de escoita activa e reflexión e para expoñer as conclusións finais das tarefas propostas.
Produtos finais
O produto consiste na elaboración, nos grupos base de cooperativo, dun conto baseado nun activista medioambiental coñecido ou inventado que informe e axude cun problema que afecte a un ecosistema. O conto creado, despois de ser revisado, pasará a formato podcast para divulgar a nosa mensaxe ao resto do alumnado do colexio e así invitalos a formar parte do noso Equipo de Guardiáns do Planeta.
Para facer os códigos QR, unha vez subidas ás grabacións á páxina web do cole (crear contido novo - audio) e xerar as url, pódense facer facilmente cun xerador coma este ou nun ordenador con maqueta abalar, na aplicación QtQR. (aplicacións-gráficos)
Pero antes deste reto final traballarán os seguintes retos intermedios, necesarios para abordar con éxito o produto final final: a elaboración dun “diariogram” entre toda a clase onde deben recoller pequenos feitos diarios polo planeta; cada día será un alumno o que expoña o traballo diante da clase, para rematar facendo un diario de aula.
Escribirán biografías de activistas que nos inspiren, que teñan realizado traballos medioambientais recoñecidos para exponer na clase e compartir entre o alumnado.
Realizarán descripcións de activistas medioambientais e das nosas heroínas particulares para expoñer na clase. Estes dous traballos pódense enmarcar dentro das actividades para conmemorar o 8M xa que coincide nas datas.
Atención á diversidade
O modelo de traballo cooperativo permite asignar funcións acordes coas capacidades de cada quen, fomentando a formación entre iguais, pola que os máis capaces axudan aos que teñan dificultades.
O entorno dixital no que nos desenvolvemos facilita que o alumnado realice tarefas graduais e moduladas acorde ás súas capacidades, podendo ampliar coñecementos ou centrarse en aspectos máis puntuais.
Nas sesións estaremos pendentes de asignar tarefas que consideremos realizables segundo o nivel do alumando.
O docente, nas actividades de grupos, prestará especial atención ao alumnado con máis dificultades, para asignarlles as tarefas máis axeitadas.
O REA contén actividades multinivel, seguindo a filosofía DUA, neste tipo de actividades o alumnado poderá escoller entre varias opcións a actividade que desexa realizar.
Na web de ARASAACC pódese acceder a pictogramas e recursos para a comunicación aumentativa e alternativa. Entre os seus recursos, conta con variedade de ferramentas en liña que permiten a creación de material adaptado, sen instalar ningún software no computador. Como paquete instalable, ofrece “AraSuite”, un conxunto de ferramentas entre as que está “AraWord” un procesador de texto para a escritura simultánea de texto e pictogramas, o que permite a adaptación de materiais con facilidade.
Todas as publicacións e ferramentas desta web, propiedade do Gobierno de Aragón, créanse baixo Licenza Creative Commons (BY-NC-SA), autorizándose o seu uso para fins sen ánimo lucrativo sempre que se cite a fonte, autoría e compártanse baixo a mesma licenza.
As medidas de atención á diversidade levaranse en coordinación entre o equipo docente do alumando, o Departamento de Orientación e o equipo directivo.
Enfoque multinivel do reto
Variedade de recursos, adaptados os diferentes niveis do alumnado para que poidan escoller o seu nivel de competencia.
Tanto as actividades intermedias como o reto final están pensados para que teñan diferentes niveis de dificultade axeitados a súa capacidade.
Desenvolveremos tres niveis de dificultade:
|
Nivel de dificultade |
Fase 3 Textos (Diario,Descrición, Biografía) |
Fase 4 Reto: Conto |
|---|---|---|
|
Nivel 1 Básico |
- Realizar os diferentes textos nun modelo predifinido para cada un deles. |
- Crear contos nun modelo predefinido. |
|
Nivel 2 Intermedio |
- Crear os diferentes tipos de textos, tendo ao seu alcance un modelo de cada un deles. |
- Crear contos, tendo ao seu alcance o modelo de cada un deles. |
|
Nivel 3 Avanzado |
- Escribir calquera dos tipos de textos atendendo a todas as súas partes sen precisar modelo. |
- Escribir un conto atendendo a todas as súas partes sen precisar modelo. |
Categorias gramaticais
A aprendizaxe da gramática pode ser un proceso complexo e abstracto para o alumnado. Unha forma de facelo máis atractivo e efectivo, é utilizar imaxes e símbolos que representen as diferentes categorías gramaticais.
Beneficios das imaxes e símbolos:
- Fixación dos contidos: as imaxes e símbolos axudan a visualizar e comprender mellor os conceptos gramaticais.
- Motivación: o uso de materiais visuais fai que a aprendizaxe sexa máis atractiva e divertida.
- Manipulación: o alumnado pode recortar e manipular as imaxes e símbolos, o que lles permite unha aprendizaxe máis activa e participativa.
Para o caso de que sexa a primeira vez que o alumnado traballa a gramática utilizando figuras que representan as categorías gramaticais, pode colocarse na clase un cartel coa correspondencia entre figuras e categoría. Recomendamos tamén ter figuras manipulables, doadas de facer con calquera material: plastilina, plástico, cartulina, goma eva... ou impresas en 3D, que facilitarán o traballo na aula.
No apartado “3.2. Recursos e solucións do REA” podedes acceder a recursos e material de axuda para a gramática manipulativa.
Fomento do hábito lector
O emprego de espazos como a bilbioteca de aula, ou a biblioteca do centro debe converterse no lugar para desenvolver estratexias que axuden o alumnado a seleccionar os textos do seu interese, apropiarse deles e compartir de maneira persoal e creativa a súa propia experiencia de lectura establecendo contextos nos que xurdan motivos para ler.
Así no apartado 3 do REA propoñémoslle o alumnado buscar contos tradicionais para contar na clase. Nunha actividade posterior, e de forma grupal, buscar contos ambientados nalgún ecosistema para contarllo nas aulas de infantil. Poderán demostrar a súa creatividade preparando pequenos decorados ou/e caracterizándose para facer a sesión de contacontos.
A lectura, tanto de forma individual como compartida, e a comprensión lectora permitiranlle ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
Formar lectores competentes, autónomos e críticos de todo tipo de textos en castelán, capaces de avaliar a súa calidade e fiabilidade e de responder a diferentes propósitos de lectura en todos os ámbitos da súa vida e un dos obxectivos primordiais na etapa educativa na que nos atoramos.
Saber ler hoxe, implica tamén saber navegar e buscar na rede e seleccionar información fiable con distintos propósitos.
Transversalidade
Este REA pódese empregar en paralelo coa unidade temática de Ciencias Naturais dos ecosistemas, xa que cando o alumnado pode conectar diferentes áreas do coñecemento, son quen de comprender mellor os conceptos e de aplicalos na súa vida cotiá. Os distintos bloques da materia que traballan as diferentes competencias lingüísticas están case que na súa totalidade tratados desde textos que fan referencia activistas medioambientais recoñecidos e contos ambientados en diferentes ecosistemas.
Tamén facemos fincapé na importancia de mulleres que traballaron polo ben do noso Planeta reslizando actividades encamiñadas a traballar a igualdade (ODS5).