Saltar navegación

1. Descrición xeral

Salvemos o Planeta!

Este REA (Recurso Educativo Aberto) desenvolve as unidades 4 e 6 da área de Lingua Castelá e Literatura, e se atopa relacionado de forma transversal coa unidade 4 "Onde viven os seres vivos?" da área de Ciencias Naturais segundo o modelo de programación de PROENS. Esta deseñado tendo como finalidade desenvolver no alumnado estratexias de comprensión e expresión empregando diferentes tipoloxías textuais. 

Os textos presentes neste REA, abordan temáticas relacionadas cos diferentes ecosistemas, reforzando os coñecementos previos que o alumnado ten dos animais e os seus hábitats.

Partindo do interese do alumnado por defender e coidar a natureza empregamos como fío condutor persoas defensoras do medio ambiente que convidan a contribuír na loita polo Planeta, formando así, a un alumnado crítico e concienciado coa importancia do coidado da Natureza.

O reto consistirá na elaboración dun podcast no que a través dun conto narren a historia dunha persoa activista que observa un problema medioambiental e como o afronta para intentar solucionalo.

As metas de aprendizaxe son: 

  • Obter datos dunha persoa e utilizalos para redactar a súa biografía. 
  • Narra historias en público. 
  • Compartir as vivencias e emocións cos demais. 
  • Descubrir persoas a través das súas descricións. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)