Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Os recursos materiais que serán necesarios para a realización do REA serán os seguintes:

  • Instrumentos musicais: Poden limitarse aos instrumentos dispoñibles na aula, como as frautas doces e os instrumentos Orff, que son comúns en entornos educativos de primaria.

  • Material didáctico impreso: As partituras, diario de aprendizaxe, material descargable e materiais de lectura complementarios poden adaptarse para ser utilizados cos recursos dispoñibles na aula, como pizarras, proxectores ou copias impresas.

  • Equipo de audio e vídeo: Pódese utilizar o equipo de audio e vídeo dispoñible no centro educativo, como proxectores ou dispositivos móbiles, para reproducir música e gravar ensaios e presentacións finais.

  • Espazo adecuado: O espazo dispoñible na aula ou no ximnasio da escola pode ser utilizado para a práctica das danzas grupais, sempre que permita o movemento libre e seguro do alumnado.

  • Recursos tecnolóxicos: Os dispositivos dixitais dispoñibles no centro, como ordenadores, tablets ou pizarras dixitais, poden utilizarse para acceder ao REA e aos recursos en liña e complementar a ensinanza con material multimedia.

  • Materiais para a realización de carteis: Poden utilizarse os materiais de arte habituais na aula, como papel, cartolinas, rotuladores e cola, para a elaboración de carteis conmemorativos.

  • Plataformas virtuais: Utilizaranse as plataformas virtuais de aprendizaxe do centro, como a páxina web ou a aula virtual para compartir e visualizar o traballo realizado polo alumnado, como vídeos e presentacións.

  • Vestimenta e accesorios: En lugar de vestimenta específica de época, poden utilizarse elementos como panos, cintas ou chapeús simples para dar un toque festivo ás presentacións de danza.

Estes axustes garanten que os recursos materiais necesarios estean alineados coas capacidades e recursos dispoñibles para o grupo de estudantes de 5º de primaria.
 
 

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Considerando a natureza colaborativa das actividades propostas neste REA, suxerimos diferentes estratexias de agrupamento para promover a participación activa e o traballo en conxunto do alumnado. Algúns dos métodos propostos inclúen:

  • Grupos Heteroxéneos: Formación de grupos que reúnan alumnado con diferentes niveis de habilidades e coñecementos, proporcionando oportunidades de aprendizaxe entre compañeiros e estimulando a colaboración.
  • Grupos de Interese: Agrupamento dos alumnos en base aos seus intereses comúns relacionados coa música e a historia das danzas antigas, incentivando a participación activa e a motivación intrínseca.
  • Parellas de Aprendizaxe: Traballo en parella, onde os alumnos poden compartir ideas, resolver problemas e apoiarse mutuamente no desenvolvemento das actividades, promovendo a responsabilidade compartida e a construción de relacións.
  • Equipos Rotativos: Organización dos estudantes en equipos que alternan as súas composicións ao longo das actividades, permitindo que todos os alumnos traballen en diferentes grupos e amplíen as súas habilidades de colaboración e comunicación.

Ao seleccionar a modalidade de agrupamento máis axeitada para cada actividade, o profesorado pode proporcionar un ambiente inclusivo e estimulante, onde todos os alumnos teñan a oportunidade de contribuír e aprender uns dos outros.

Ao longo do REA propóñense actividades grupais, algunhas delas propondo estruturas de traballo cooperativo concretas. Non obstante, a persoa docente é libre de seleccionar outras estruturas cooperativas nas que o alumnado teña máis experiencia ou preferencia.

Neste recurso a elaboración do produto final é colectiva. A elaboración deste produto final require do emprego dun amplo repertorio de habilidades tanto cognitivas como expresivas, polo que a tarefa supón un enorme reto para realizarse de forma individual. Con todo, queda ao xuízo do docente realizar outro tipo de agrupamento que permita garantir que o alumnado aplique o que aprendeu.

Produtos finais

O producto final consiste na participación nun evento co gallo da conmemoración do Día da Internacional da Muller, no que terán que interpretar grupalmente dúas danzas antigas: un branle e un minueto. A persoa docente é libre de empregar estas pezas xa seleccionadas ou algunhas outras da súa elección, xa que a danza é a mesma coa finalidade de facer interpretacións en clase ou no evento, empregando a súa faceta más artística e dramática, e desenvolvendo a súa expresividade instrumental dentro das súas capacidades.

O producto final prantéxase de forma grupal, xa que favorece a representación no espacio da propia propia producción artística e a retroalimentación dos seus compañeiros e compañeiras.

Enfoque multinivel do reto

Do mesmo xeito, as diferentes fases inclúen algunhas actividades individuais multiniveladas, nas que o alumnado pode escoller, entre catro, aquela coa que se sinte máis confortable ou que se adapte máis ás súas capacidades ou intereses.

As actividades multiniveladas inclúense tanto nas pezas musicais: Rondel VI e Minueto de J. S. Bach, para ser interpretados coa frauta doce en distintas velocidades e con karaoke amosando as notas con sílabas, así como nas danzas, nas que existen dúas versións, unha simple e outra máis complexa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)