Este REA, chamado "Minuexas ou Branlexas?", contén material de dúas unidades didácticas:
- UD 2, "Agrupacións artísticas", inclúese de forma íntegra.
- UD 4, "Músicas e danzas do mundo", inclúese só de maneira parcial, xa que é unha unidade transversal.
No presente REA trabállanse os seguintes contidos:
| Contidos |
Bloque da materia |
- C1.1 - Estratexias de recepción activa.
- C1.3 - O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación de diversidade de sons e estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
- C1.4 - A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións máis representativas. Clasificación e comprensión da natureza da produción sonora en cada tipo. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música galega. Instrumentos dixitais. Aproximación a instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
- C1.5 - O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.
- C1.6 - O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución ao concepto de subdivisión.
- C1.7 - A melodía e a forma musical. Repetición e variación melódica.
- C1.8 - Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
- C1.9 - Aproximación aos principais xéneros musicais.
- C1.11 - Vocabulario específico de música.
- C1.12 - Recursos dixitais de uso común para música.
- C1.13 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.
|
Bloque 1. Educación musical: percepción e análise. |
- C2.1 - Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e composición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
- C2.3 - Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como elemento fundamental da música: utilización adecuada na interpretación musical.
- C2.4 - Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñecemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
- C2.6 - Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
- C2.7 - Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.
- C2.8 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.
|
Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación |
- C3.1 - Estratexias de recepción activa.
- C3.2 - Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
- C3.6 - Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.
- C3.7 - Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.
- C3.8 - Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
|
Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise |
- C4.1 - O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral como medio de expresión e diversión.
- C4.2 - Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións elementais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con actos performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
- C4.4 - Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
- C4.5 - Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
- C4.6 - Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.
- C4.7 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática
|
Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación |
Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
OBX 1
|
Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade. |
OBX 2
|
Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísticas. |
| OBX 3 |
Investigar sobre de diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia |
| OBX 4 |
Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias. |
OBX 5
|
Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza. |
A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
|
Competencia en comunicación lingüística (CCL)
|
1-3-5
|
|
Competencia plurilingüe (CP)
|
3
|
|
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM)
|
1-2-3
|
|
Competencia dixital (CD)
|
1-2
|
|
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)
|
1-3-4-5
|
|
Competencia cidadá (CC)
|
1-2-3
|
|
Competencia emprendedora (CE)
|
1-2-3
|
|
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC)
|
1-2-3-4
|