Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Distinguir propostas artísticas musicais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas. | Descobre músicas que se bailaban desde antes do Renacemento até o Romanticismo e elaborando unha listaxe con elas e engadindo a/s época/s e a súa procedencia. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA1.3 - Identificar visual e auditivamente, clasificar, describir e representar elementos da música e da linguaxe musical. | Identifica, representa e describe os seguintes elementos e agrupacións da linguaxe musical: ligadura de unión; matices (ff, f, p, pp); dinámicas (cresc., dim.); tempo (lento, andante, allegro; Acell., Rit.); articulación (picado, ligado). | PE (Non incluída no REA) | Agrupacións artísticas | 20 |
| CA1.6 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. | Expresa o significado e o valor que teñen para ela/el as sensacións e as emocións que lle producen as diferentes manifestacións culturais que se lle presentan. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA1.7 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas musicais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva. | Manifesta respecto na recepción de propostas artísticas musicais amosando unha actitude positiva. | TI | Agrupacións artísticas | 8 |
| CA2.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. | Crea unha melodía empregando un destes compases: 2/4 (8c), 3/4 (6c) ou 4/4 (4c), e utilizando os seguintes elementos da linguaxe musical: do, re, mi, sol, la e do agudo; redonda, branca e negra con silencios e puntiño (agás negra con puntiño), dobre corchea e 4 semicorcheas. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA2.3 - Utilizar elementos da linguaxe musical para interpretar propostas musicais vocais e instrumentais sinxelas a través da vivencia destes. | Interpreta liñas rítmicas de ata 4 compases de 2/4, ata 3 de 3/4 e ata 2 de 4/4 coas seguintes figuras: redonda, branca, negra (cos seus puntiños e silencios -agás puntiño na negra-), dobre corchea e 4 semicorcheas. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA2.7 - Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. | Manifesta respecto na realización de actividades musicais amosando unha actitude positiva. | TI | Agrupacións artísticas | 8 |
| CA3.1 - Distinguir propostas artísticas escénicas e performativas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por estas. | Discrimina entre un minueto e un branle. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA3.5 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. | Expresa o valor que lle producen as sensacións e emocións xeradas por diferentes manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA3.6 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas, interiorizando as normas de respecto de comportamento e mostrando unha actitude positiva. | Manifesta respecto na recepción de propostas artísticas escénicas e performativas e mostra unha actitude positiva. | TI | Agrupacións artísticas | 8 |
| CA4.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, o son, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. | Participa grupalmente no baile dun minueto e no dun branle. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA4.6 - Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas escénicas e performativas, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. | Manifesta respecto na realización de actividades escénicas e performativas amosando unha actitude positiva. | TI | Agrupacións artísticas | 7 |
| CA2.4 - Planificar e deseñar producións culturais e artísticas musicais colectivas, traballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acordados e asumindo diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade. | Participa en grupo na creación dunha composición musical a través dun editor de partituras con estas características: compás de 2/4 (4c) ou de 3/4 (3c) ou de 4/4 (2c) para un conxunto mínimo de 3 instrumentos de percusión de afinación indeterminada e 2 instrumentos de afinación determinada. | TI | Músicas e danzas do mundo | 10 |
| CA2.6 - Compartir os proxectos creativos musicais, empregando diferentes estratexias comunicativas a través de diversos medios e explicando o proceso e o resultado final obtido. | Explica o proceso realizado, as dificultades atopadas e o resultado final da composición proposta no mínimo de consecución do CA2.4. | TI | Músicas e danzas do mundo | 10 |
| CA3.3 - Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais e artísticas escénicas e performativas a través de diversas canles e medios de acceso, de forma individual e colaborativa. | Realiza un traballo individual en formato dixital sobre algún dos bailes vistos ao longo do curso. | TI | Músicas e danzas do mundo | 7 |
| CA4.2 - Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións artísticas escénicas e performativas, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance, mostrando confianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución. | Expresa, verbalmente e por escrito, os sentimentos e as emocións experimentados tras a interpretación das coreografías seleccionadas. | TI | Músicas e danzas do mundo | 8 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||
Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.