Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Toda a contextualización curricular da situación de aprendizaxe corresponde á unidade 2 do modelo de programación de PROENS para a materia de Educación Física de 5º de E. Primaria.
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
---|---|---|---|---|
CA1.1, CA2.1, CA6.1 Recoñecer os efectos beneficiosos desde o punto de vista físico, mental e social da actividade física, como paso previo para a súa integración na vida diaria. |
Recoñecer os efectos beneficiosos desde o punto de vista físico, mental e social da actividade física. | TI | 2 | 15% |
CA1.2, CA2.2 Integrar os procesos de activación corporal, dosificación do esforzo, relaxación e hixiene na práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable. |
Integrar os procesos de activación corporal, dosificación do esforzo, relaxación e hixiene na práctica de actividades motrices. | TI | 2 | 10% |
CA1.3, CA4.1 Identificar e abordar condutas vinculadas ao ámbito corporal, á actividade física e ao deporte que afecten negativamente a saúde e a convivencia, adoptando posturas de rexeitamento á violencia, á discriminación e aos estereotipos de xénero e evitando activamente a súa reprodución. |
Identificar e abordar condutas vinculadas ao ámbito corporal, á actividade física e ao deporte que afecten negativamente a saúde e a convivencia. | TI |
2 | 10% |
CA1.4 Adquirir hábitos de vida saudables (alimentación equilibrada, hidratación adecuada e actividade física regular) e convertelos en algo perdurable ao longo de toda a vida. |
Adquirir hábitos de vida saudables e convertelos en algo perdurable ao longo de toda a vida. | TI | 2 | 5% |
CA1.5, CA3.3 Adquirir un progresivo control e dominio corporal, empregando os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa e facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices diversas transferibles ao seu espazo vivencial. |
Adquirir un progresivo control e dominio corporal, empregando os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa. | TI | 2 | 10% |
CA1.6, CA4.5 Convivir mostrando no contexto das prácticas motrices habilidades sociais, diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade, xa sexa de xénero, afectivo-sexual, cultural, de orixe nacional, étnica, socioeconómica ou de competencia motriz, e mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos, ás actuacións discriminatorias e á violencia, con especial fincapé no fomento da igualdade de xénero |
Convivir mostrando no contexto das prácticas motrices habilidades sociais, diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade. | TI | 2 | 10% |
CA2.3 Adoptar medidas de seguridade antes, durante e despois da práctica de actividade física, aplicando actuacións básicas de primeiros auxilios, recoñecendo os contextos de risco e actuando con precaución ante eles. |
Adoptar medidas de seguridade antes, durante e despois da práctica de actividade física. | TI | 2 | 5% |
CA2.4, CA3.1, CA5.1 Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, definindo metas, secuenciando accións, introducindo se é preciso cambios durante o proceso, xerando producións motrices de calidade e valorando o grao de axuste ao proceso seguido e ao resultado obtido. |
Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo. | TI | 2 | 15% |
CA2.6, CA4.3, CA5.2 Participar en actividades de carácter motor desde a autorregulación da súa actuación, con predisposición, esforzo, perseveranza e mentalidade de crecemento, actuando reflexivamente, xestionando as emocións e expresándoas de forma asertiva. |
Participar en actividades de carácter motor desde a autorregulación da súa actuación. | TI | 2 | 15% |
CA4.4 Respectar as normas consensuadas, así como as regras dos xogos, e actuar desde os parámetros da deportividade e do xogo limpo, recoñecendo as actuacións dos compañeiros e dos rivais. |
Respectar as normas consensuadas, así como as regras dos xogos, e actuar desde os parámetros da deportividade e do xogo limpo. | TI | 2 | 5% |
Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); TI: Táboa de indicadores |