Saltar navegación

1. Descrición xeral

SaudArte

SaudArte é un REA (Recurso Educativo Aberto) para a área de Educación Física que ten como finalidade concienciar o alumnado, e tamén o seu contorno próximo, da importancia de levar unha vida activa e saudable.

Durante o proceso de resolución do reto que se propón no REA, o  alumnado aprenderá a dar valor ás accións que fan día tras día e que lle serven para coidar a saúde. Aprenderá cousas que poden facer para previr lesións, para evitar enfermidades, para curar ben as súas feridas, e outras aprendizaxes. Faremos unha aproximación a temáticas coma a alimentación, a postura corporal, o respecto e a igualdade, os primeiros auxilios, a educación viaria. 

Metas de aprendizaxe:

  1. Adquirir hábitos de vida saudables, promovendo a práctica dunha actividade física regular, e convertelos en algo perdurable ao longo de toda a vida.
  2. Valorar os riscos nas prácticas motrices e tomar medidas de prevención.
  3. Adquirir coñecementos para levar a cabo unha primeira asistencia en caso de lesións e enfermidades.
  4. Convivir mostrando no contexto das prácticas motrices habilidades sociais, diálogo na resolución de conflitos e respecto ante a diversidade.
  5. Desenvolver unha campaña de promoción da saúde.
  6. Utilizar aplicacións e plataformas dixitais para a investigación, a creación e a comunicación, sempre desde o fomento do traballo cooperativo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)