Antes de comezar...
No REA descríbense plataformas dixitais recomendadas para a utilización por parte do alumnado. A selección das plataformas responde a criterios de accesibilidade, adecuación ás características das persoas usuarias, e ausencia da necesidade de rexistro. No caso de centros educativos con limitacións no acceso a recursos informáticos, tamén será posible aplicar este REA coa necesaria substitución das tarefas en contorno dixital pola incorporación de materiais de uso común como cartolina para, por exemplo, elaborar o mapa da ruta.
O REA deseñouse para que as posibles limitacións de equipamento tecnolóxico nos centros educativos non condicionara a posta en marcha deste proxecto.
Considéranse tres procedementos de realización das tarefas:
- Analóxico: con uso de materiais habituais nas aulas como poden tesoiras, cartolina, material de escritura, etc
- Dixital sen rede: con uso de equipos tecnolóxicos pero sen posibilidade de conexión a Internet.
- Dixital con conexión a Internet: uso plataformas e servizos en Internet.
Nas recomendacións de uso ofrécense propostas de traballo para cada un dos procedementos anteriores.
No punto 5 do apartado "Recomendacións de uso" inclúense recursos para as sesións de EF de compromiso motor.