Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 8 REA, unha proposta global para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 8 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024 e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA 1: "Influencers motrices"

UD1: Somos un equipo

CA2.1 - CA2.2 - CA2.3 - CA2.6 - CA4.4 - CA4.5

5%

4 sesións no primeiro trimestre

REA 2: "SaudArte"

UD2: Actívate

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.3 - CA4.3

15%

9 sesións no primeiro trimestre

REA 3: "A festa do xogo"

UD3: Xogos de sempre

CA1.6 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA5.1 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4

10%

10 sesións no primeiro trimestre

REA 4: "Exprésate na rede"

UD4: Expresa-T

CA1.5 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.4 - CA4.3 - CA5.3 - CA5.5

10%

8 sesións no primeiro trimestre

REA 5: "Saltando barreiras"

UD5: Brincamos

CA2.3 - CA3.1 - CA3.3 - CA3.5 - CA4.1 - CA4.3 - CA6.3

15%

9 sesións no segundo trimestre

REA 6: "Youtubers deportivos"

UD6: Facémonos deportistas

CA1.3 - CA1.5 - CA1.7 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.2 - CA4.4 - CA4.6

15%

9 sesións no segundo trimestre

REA 7: "Solidarízate xogando!"

UD7: Xogamos en equipo

CA1.3 - CA1.5 - CA1.7 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.2 - CA4.4 - CA4.6

15%

11 sesións no terceiro trimestre

REA 8: "En marcha"

UD8: Saímos á natureza

CA2.2 - CA2.3 - CA3.5 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.3

15%

10 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundaméntase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Neste REA utilizaremos a organización de actividades no medio natural e urbano para a promoción de hábitos saudables.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na etapa de Educación Primaria: socialización, autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea cara ao tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e  promove a igualdade de oportunidades para ámbolos sexos.

Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e de inserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos de práctica motriz.

Este REA trata contidos relacionados cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

ODS 3 (Saúde e benestar), ODS 4 (Educación de calidade), ODS 10 (Redución das desigualdades), ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles), ODS 13 (Acción polo clima) e ODS 15 (Vida de ecosistemas terrestres).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta SA relacionase directamente coa unidade didáctica número 8 "Saímos á natureza" correspondente á programación modelo de 5º nivel de E. Primaria proposta para a área de Educación Física na plataforma Proens da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • 2.1 - Usos e finalidades: catárticos, lúdico-recreativos, competitivos e agonísticos.
  • 2.6 - Uso de ferramentas ou plataformas dixitais.
  • 2.7 - Prevención de accidentes e lesións nas prácticas motrices: quecemento xeral, dosificación do esforzo e volta á calma. Importancia de respectar as normas de seguridade. Compromiso de responsabilidade cara á seguridade propia e á dos demais.
  • 2.8 - Actuacións básicas de primeiros auxilios ante accidentes e lesións durante a práctica da actividade física. Posición lateral de seguridade. Conduta PAS (protexer, avisar, socorrer).
Bloque 2
  • 3.1 - Toma de decisións:
    • 3.1.1 - Selección de accións en función da contorna en situacións motrices individuais.
  • 3.2 - Esquema corporal:
    • 3.2.4 - Dominio e control motor en situacións complexas e descoñecidas.
  • 3.3 - Capacidades condicionais: capacidades físicas básicas e resultantes (coordinación, equilibrio e axilidade).
Bloque 3
  • 6.1 - Normas de uso: a educación viaria desde a actividade física e deportiva.
  • 6.2 - Transporte activo e sustentable: bicicletas, patíns, patinetes.
  • 6.3 - Construción e reutilización de materiais para a práctica motriz, fomentando a sensibilización sobre a xeración de residuos.
  • 6.4 - Realización de actividades físicas no medio natural e urbano.
  • 6.5 - Coidado e conservación da contorna durante a práctica de actividade física no medio natural e urbano.
Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Adoptar un estilo de vida activo e saudable, practicando regularmente actividades físicas e deportivas e adoptando comportamentos que potencien a saúde física, mental e social, así como medidas de responsabilidade individual e colectiva durante a práctica motriz para interiorizar e integrar hábitos de actividade física sistemática que contribúan ao benestar.
OBX 2 Adaptar os elementos propios do esquema corporal, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e as destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións, para dar resposta ás demandas de proxectos motores e de prácticas motrices con distintas finalidades en contextos da vida diaria.
OBX 5 Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude emprática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM 1, STEM 2 e STEM 5
Competencia dixital (CD) CD 3
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA 2,  CPSAA 4 e CPSAA 5
Competencia cidadá (CC) CC 2 e CC 4
Competencia emprendedora (CE) CE 1 e CE 3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)