Antes de comezar
As tarefas que se solicitan no REA non especifican os procedementos ou instrumentos que o alumnado deberá utilizar para acadar o resultado óptimo, desta forma preténdese manter unha neutralidade nos condicionantes tecnolóxicos para o profesorado, e que sexa a propia persoa docente a que determine as ferramentas ou o formato máis adecuado para realizar as tarefas.
O REA deseñouse para que as posibles limitacións de equipamento tecnolóxico nos centros educativos non condicionara a posta en marcha deste proxecto.
Considéranse tres procedementos de realización das tarefas:
- Sen recursos dixitais: con uso de materiais habituais nas aulas como poden tesoiras, cartolina, material de escritura, e outros semellantes.
- Dixital sen conexión: con uso de equipos tecnolóxicos pero sen posibilidade de conexión a Internet.
- Dixital con conexión a Internet: uso plataformas e servizos en Internet.
Nas recomendacións de uso ofrécense propostas de traballo para cada un dos procedementos anteriores.
No punto 6 do apartado "Recomendacións de uso" inclúense dous exemplos de sesións de EF de compromiso motor sobre o xogo tradicional popular.