Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 11 sesións. Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de acción motriz co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que o compoñente motriz sexa sempre unha prioridade sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.

Fase Seccións Para que? Temporalización
1 Descrición Presentación do reto Sesión 1
2 Exploración Coñecementos previos sobre deportes populares e alternativos Sesión 1
3 Conexión As asociacións - Investigación Sesión 2
3 Conexión O baloncesto Sesión 3 e 4
3 Conexión O datchball Sesión 5 e 6
3 Conexión

A xogar apréndese xogando - Partidos de baloncesto e datchball

Tipos de eventos - Decidindo o que se vai organizar

Sesión 7
4 Reto final Organizando o evento - Deseño Sesión 8
4 Reto final Simulación do evento Sesión 9
4 Reto final O gran día - O evento Sesión 10
5 Conclusión Doazón e coavaliación Sesión 11

Feito con eXeLearning (Nova xanela)