Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
---|---|---|---|---|
CA1.3. Identificar e abordar condutas vinculadas ao ámbito corporal, á actividade física e ao deporte que afecten negativamente a saúde e a convivencia, adoptando posturas de rexeitamento á violencia, á discriminación e aos estereotipos de xénero e evitando activamente a súa reprodución. | Identificar e abordar condutas vinculadas ao ámbito corporal, á actividade física e ao deporte que afecten negativamente a saúde e a convivencia. | TI | 7 | 10 |
CA1.5. Adquirir un progresivo control e dominio corporal, empregando os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa e facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices diversas transferibles ao seu espazo vivencial. | Adquirir un progresivo control e dominio corporal, empregando os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa. | TI | 7 | 10 |
CA1.7. Valorar o deporte como fenómeno cultural analizando criticamente os estereotipos de xénero ou capacidade e os comportamentos sexistas que ás veces suceden no seu contexto, rexeitándoos e adoptando actitudes que eviten a súa reprodución no futuro. | Valorar o deporte como fenómeno cultural analizando criticamente os estereotipos de xénero ou comportamentos sexistas. | TI | 7 | 10 |
CA3.1. Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, definindo metas, secuenciando accións, introducindo se é preciso cambios durante o proceso, xerando producións motrices de calidade e valorando o grao de axuste ao proceso seguido e ao resultado obtido. | Desenvolver proxectos motores de carácter individual, cooperativo ou colaborativo, xerando producións motrices de calidade. | TI | 7 | 10 |
CA3.2. Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, axustándoos ás demandas derivadas dos obxectivos motores e á lóxica interna de situacións individuais, de cooperación, de oposición e de colaboración-oposición, en contextos reais ou en simulados de actuación. | Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas. | TI | 7 | 15 |
CA4.2. Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, axustándoos ás demandas derivadas dos obxectivos motores e á lóxica interna de situacións individuais, de cooperación, de oposición e de colaboración-oposición, en contextos reais ou en simulados de actuación, e reflexionando sobre as solucións obtidas. | Aplicar principios básicos de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas. | TI | 7 | 15 |
CA4.4. Respectar as normas consensuadas, así como as regras dos xogos, e actuar desde os parámetros da deportividade e do xogo limpo, recoñecendo as actuacións dos compañeiros e dos rivais. | Respectar as normas consensuadas, así como as regras dos xogos, e actuar desde os parámetros da deportividade e do xogo limpo. | TI | 7 | 20 |
CA4.6. Valorar o deporte como fenómeno cultural analizando criticamente os estereotipos de xénero ou capacidade e os comportamentos sexistas que ás veces suceden no seu contexto, rexeitándoos e adoptando actitudes que eviten a súa reprodución no futuro. | Valorar o deporte como fenómeno cultural analizando criticamente os estereotipos de xénero e os comportamentos sexistas. | TI | 7 | 10 |
Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores |