Saltar navegación

3. Guía de uso

Consideracións a ter en conta

O REA "Saltando barreiras" ten como finalidade desenvolver e potenciar as habilidades motrices e capacidades físicas a través do parkour e dos saltos á corda. 

Pretendemos que aqueles/as docentes que queirades utilizar esta situación de aprendizaxe vexades a posibilidade de darlle un novo enfoque educativo a estes contidos de Educación Física e poidades traballalos co voso alumnado dun xeito máis motivador para eles/as. Trátase dunha proposta que, ademais de conectalos máis coa realidade da vida diaria, busca tamén traballar a empatía, a inclusión e a superación persoal, e que as barreiras arquitectónicas ou os obstáculos que se poidan atopar deixen de ser unha dificultade e sexan quen de atopar solucións para superalos (neste caso, a través das súas habilidades e capacidades motrices).

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). Por este motivo preséntase a información de maneiras diferentes tanto en formatos como niveis.  O obxectivo último e rachar coas posibles fendas que o alumnado poida atopar para acceder á información e chegar deste xeito ó maior número de realidades e características individuais.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)