2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

O deseño deste REA ten como obxectivo ofrecer ao alumnado unha aprendizaxe significativa, baseada na resolución de retos conectados coa realidade, con impacto social e que esixen ás nenas e nenos a toma de decisións e a valoración dos resultados e do proceso.

O eixo fundamental do REA é o traballo colaborativo, para o que se crean grupos estables durante todas as fases do proxecto. 

As tarefas están relacionadas cos contidos de cada unha das fases e son de dous tipos:

  • Individuais: con gradación de dificultade e progresividade. Ofrécese ao alumnado a posibilidade de escoller actividades. 
  • Grupais: mediante uso de estratexias que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, partindo das súas capacidades, valorando non só o resultado senón a progresión e o proceso da actividade motriz mesma favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos.

Este REA está dentro do marco pedagóxico do proxecto cREAgal do que forma parte este recurso.

Desde o punto de vista metodolóxico, este REA é fundamentalmente activo e participativo, favorecendo o traballo individual e cooperativo do alumnado na aula para resolver as situacións que se lle propoñen. As situacións propostas buscan estar contextualizadas na vida diaria do alumnado e parten dos coñecementos previos adquiridos con anterioridade.

Para iso intégranse referencias á vida cotiá e á contorna do alumnado co fin de motivalo e facelo sentir parte activa do proceso de ensino-aprendizaxe, é dicir, buscar un enfoque que sexa:

  • Personalizado: buscamos a relación cos coñecementos previos do alumnado e propoñemos actividade multinivel.
  • Significativo: o alumnado constrúe os seus propios coñecementos, é dicir, aprende ao tempo que aprende a aprender, interioriza as diferentes experiencias e estratexias que lle fan afondar e desenvolver os seus coñecementos.
  • Funcional: búscase a utilidade do aprendido en situacións reais e con conexión co seu mundo real.

Os criterios metodolóxicos deste REA seguen as liñas da materia de Educación Física, cun carácter esencialmente práctico e cun enfoque competencial do currículo. A metodoloxía empregada será:

  • Flexible: adaptándose continuamente aos diferentes niveis de cada alumna e alumno.
  • Activa: fomentando alumnado autónomo e responsable das súas aprendizaxes.
  • Participativa: potenciando a cooperación-colaboración.
  • Integradora: facilitando poder sentirse capaces coas súas propias respostas motrices e coas súas diferenzas, mellorando a autoestima.
  • Contextualizada: o alumnado debe comprender o que está a facer, cales son os obxectivos e os pasos.
  • Lúdica: o xogo, elemento fundamental.
  • Creativa: propoñendo a procura de solucións aos problemas que vaian aparecendo ao longo da aprendizaxe.
  • Progresiva: que expoña ao alumnado a novos retos e momentos de aprendizaxe cada vez máis complexos.