Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 8 REA, unha proposta global para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 8 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024 e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA 1: "Influencers motrices"

UD1: Somos un equipo

CA2.1 - CA2.2 - CA2.3 - CA2.6 - CA4.4 - CA4.5

5%

4 sesións no primeiro trimestre

REA 2: "SaudArte"

UD2: Actívate

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.3 - CA4.3

15%

9 sesións no primeiro trimestre

REA 3: "A festa do xogo"

UD3: Xogos de sempre

CA1.6 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA5.1 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4

10%

10 sesións no primeiro trimestre

REA 4: "Exprésate na rede"

UD4: Expresa-T

CA1.5 - CA2.3 - CA2.4 - CA3.4 - CA4.3 - CA5.3 - CA5.5

10%

8 sesións no primeiro trimestre

REA 5: "Saltando barreiras"

UD5: Brincamos

CA2.3 - CA3.1 - CA3.3 - CA3.5 - CA4.1 - CA4.3 - CA6.3

15%

9 sesións no segundo trimestre

REA 6: "Youtubers deportivos"

UD6: Facémonos deportistas

CA1.3 - CA1.5 - CA1.7 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.2 - CA4.4 - CA4.6

15%

9 sesións no segundo trimestre

REA 7: "Solidarízate xogando!"

UD7: Xogamos en equipo

CA1.3 - CA1.5 - CA1.7 - CA3.1 - CA3.2 - CA4.2 - CA4.4 - CA4.6

15%

11 sesións no terceiro trimestre

REA 8: "En marcha"

UD8: Saímos á natureza

CA2.2 - CA2.3 - CA3.5 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.3

15%

10 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundaméntase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. É unha área que se dirixe ao coñecemento progresivo da conduta motora e á adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na Etapa de Educación Primaria: a socialización, a autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea cara ao tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ámbolos sexos.

Debemos lembrar que a Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación integral e que utiliza o movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento, de organización perceptiva, anatómico-funcional, estético-comunicativa, de relacións persoais, agonística, hixiénica, hedonista, de compensación e catártica.

Este REA contribúe a moitos dos conceptos formulados nos obxectivos principais da área como desenvolver procesos de autoregulación e interacción facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, a adaptación das propias habilidades e capacidades a diferentes situacións, a valorar os medios urbanos como contexto de práctica motriz e fomentando una práctica respectuosa e sustentable, entre outros.

Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e de inserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos de práctica motriz.

O REA Saltando barreiras está vinculado a varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), xa que promove valores fundamentais para un mundo máis xusto e sostible. Algúns dos ODS que se relacionan directamente ca proposta son:

  • ODS 3: Saúde e benestar → Promove a actividade física, clave para unha vida saudable, fomentando o benestar físico e mental.
  • ODS 10: Redución das desigualdades → Promove a inclusión, asegurando que os circuítos motrices sexan accesibles para todas as persoas, independentemente das súas capacidades.
  • ODS 11: Cidades e comunidades sostibles → A reflexión sobre as barreiras arquitectónicas conecta directamente co obxectivo de crear espazos urbanos máis accesibles e inclusivos.
  • ODS 15: Vida dos ecosistemas terrestres → Fomenta o coidado da contorna natural e urbana, promovendo o uso responsable dos materiais e espazos.

En resumo, a través desta proposta, non só se desenvolven habilidades motrices, senón que tamén se sensibiliza ao alumnado sobre temas como a accesibilidade, a convivencia e a sostibilidade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 5: Brincamos!, que corresponde á programación modelo de 5º de Primaria proposta para a área de Educación Física na aplicación PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C2.5-Planificación e autorregulación de proxectos motores: seguimento e valoración durante o proceso e o resultado.
  • C2.7-Prevención de accidentes e lesións nas prácticas motrices: quecemento xeral, dosificación do esforzo e volta á calma. Importancia de respectar as normas de seguridade. Compromiso de responsabilidade cara á seguridade propia e á dos demais.
Bloque 2
  • C3.1-Toma de decisións:
    • C3.1.1-Selección de accións en función da contorna en situacións motrices individuais.
  • C3.2.0-Esquema corporal
    • C3.2.1-Equilibrio estático e dinámico en situacións complexas ou superficies inestables.
    • C3.2.2-Estruturación espacial, percepción de obxectos e de distancias, orientación, percepción e interceptación de traxectorias, agrupamento-dispersión e transposición.
    • C3.2.4-Dominio e control motor en situacións complexas e descoñecidas.
  • C3.3-Capacidades condicionais: capacidades físicas básicas e resultantes (coordinación, equilibrio e axilidade).
  • C3.4-Iniciación das habilidades motrices específicas asociadas á técnica en actividades físico-deportivas: aspectos principais.
  • C3.5-Creatividade motriz: Identificación de estímulos internos ou externos que esixan un reaxuste instantáneo da acción motriz.
Bloque 3
  • C4.1-Xestión emocional: autoestima, ansiedade e situacións motrices. Estratexias de afrontamento e xestión.
  • C4.2-Autonomía e autoconfianza: aumento da autonomía persoal, mellora e afianzamento da confianza en si mesmo e nos demais durante a práctica motriz.
  • C4.5-Identificación e rexeitamento de condutas contrarias á convivencia en situacións motrices (discriminación por cuestións de xénero, de capacidade, de competencia motriz; actitudes xenófobas, racistas ou de índole sexista; abuso sexual ou calquera forma de violencia).
Bloque 4
  • C6.4-Realización de actividades físicas no medio natural e urbano.
  • C6.5-Coidado e conservación da contorna durante a práctica de actividade física no medio natural e urbano.
Bloque 6

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Adoptar un estilo de vida activo e saudable, practicando regularmente actividades físicas e deportivas e adoptando comportamentos que potencien a saúde física, mental e social, así como medidas de responsabilidade individual e colectiva durante a práctica motriz para interiorizar e integrar hábitos de actividade física sistemática que contribúan ao benestar.
OBX 2 Adaptar os elementos propios do esquema corporal, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e as destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións, para dar resposta ás demandas de proxectos motores e de prácticas motrices con distintas finalidades en contextos da vida diaria.
OBX 3 Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude empática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.
OBX 5 Valorar diferentes medios naturais e urbanos como contextos de práctica motriz, interactuando con eles, comprendendo a importancia da súa conservación desde un enfoque sustentable e adoptando medidas de responsabilidade individual durante a práctica de xogos e actividades físico-deportivas, para realizar unha práctica eficiente e respectuosa coa contorna e participar no seu coidado e mellora.

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL) CCL1 e CCL5
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA (STEM) STEM1, STEM2 e STEM5
COMPETENCIA DIXITAL (CD) CD3
COMPETENCIA PERSOAL, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4 e CPSAA5
COMPETENCIA CIDADÁ (CC) CC2 , CC3 e CC4
COMPETENCIA EMPRENDEDORA (CE) CE1 e CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)