Saltar navegación

3. Guía de uso

Un parque animado

O REA "Un parque animado" está deseñado para que o alumnado de 1º da ESO aplique o método de proxectos para xerar unha solución a un reto planteado, de xeito que utilice os coñecementos sobre mecanismos para transmitir e modificar movementos de xeito efectivo. 

Para iso, o alumnado deberá tomar un papel activo, elaborando dun xeito técnico unha maqueta dunha máquina de exercicios con movemento para un parque saudable no seu barrio. De este modo, a metodoloxía ABP toma protagonismo no REA, onde terán uns documentos de axuda:  a Memoria Técnica do proxecto, que servirá de guía para o alumnado no proxecto, e  o Diario de Aprendizaxe, que axudará a reflexionar sobre as aprendizaxes realizadas no REA.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Así, presentan diferentes versións da información, diversificando o acceso á mesma en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.

Este REA constitúe unha proposta motivadora e contextualizada que permite ao profesorado introducir os mecanismos desde unha narrativa inspiradora e transversal, conectando a tecnoloxía co coñecemento científico e co desenvolvemento das competencias.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)