Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e Dixitalización" de 1º de ESO, a unidade coa que se corresponde este REA está deseñada para 16 sesións, a impartir durante a segunda avaliación.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso, que obviamente o profesorado debe adaptar en función das características do alumnado:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. ¿Qué vamos a hacer? (Mobilizar)

1.1. ¿Dónde están los mecanismos?

1.2. ¡A por el reto!

Sesión de motivación e presentación da situación de aprendizaxe e reto a desenvolver.

1 sesión

2. ¿Qué sabemos ya? (Activar e recordar)

2.1. Actividades sobre conocimientos previos.

2.2. Recordando la historia...

Sesión de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias en relación aos mecanismos e a súa historia.

1 sesión

3. Conociendo los mecanismos (Explorar, revisar e estruturar)

3.1. Transmitimos fuerzas y movimientos.

3.2. Transformamos movimientos.

3.3. Controlamos la velocidad y la fuerza.

3.4. Removiendo ideas.

Nesta sección realízanse actividades de comprensión e aplicación de novos coñecementos sobre mecanismos.

Inclúense actividades multinivel  para  poder decidir o itinerario formativo que será básico para poñer en funcionamento o proxecto na seguinte fase.

4 sesións

4. Reto final: ¿Qué y cómo trabajamos? (Aplicar e comprobar)

4.1 Memoria técnica: nuestra guía de trabajo.

4.2 Análisis, información e ideas.

4.3 Diseño.

4.4 Planificación.

4.5 Seguridad y orden en el taller.

4.6 Construcción segura.

4.7 Evaluación y reflexión.

Sesións dirixidas a aplicación do método de proxectos guiado polo documento da memoria técnica e construción da maqueta da máquina de exercicios para o parque saudable.

9 sesións

5. Conclusión (Concluír e comunicar)

5. Conclusión.

Sesión destinada á avaliación dos documentos realizados polos distintos grupos. Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados ao resto de equipos.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)