Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Equipo Informático: Para o seguimento  deste REA é preciso contar cun equipo con conexión a Internet por cada dous estudantes, aínda que é recomendable ter un equipo por persoa. O software demandado é de carácter libre e está instalado nos equipos Abalar da Consellería ou vía online.

Aula-Taller: é moi recomendable ter dispoñible unha aula-taller, como a dotada para o departamento de Tecnoloxía, para realizar a  fase de construción da maqueta.

Materiais e ferramentas: precisarán como material principal cartón (preferiblemente de refugallo e de dúas capas), paus de madeira, regra, lápices, pegamento, tesoiras, guantes e cúter.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais


Neste REA propóñense actividades individuais e grupais, considerando as seguintes premisas:

Recoméndase a creación de grupos de 3 – 5 alumnos/as, de xeito que elixan, ou se lles asigne polo profesorado, un dos retos propostos. Logo, terán que expoñer o seu resultado ao resto de compañeiras/os e opcionalmente (se hai tempo suficiente) xuntar os retos, de xeito que a aula estea controlada totalmente polos distintos sistemas  de control creados.
O groso do traballo realízase en  actividades grupais onde se pretende que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto, preténdese que aprendan a coordinarse na realización de tarefas e aumenten a súa autonomía persoal. Búscase que os grupos sexan diversos e heteroxéneos, na procura do traballo en equipo, para que o alumnado aprenda a tomar decisións e accións conxuntamente, promovendo a “democracia de grupo”. Para iso, recoméndase ao profesorado que implemente este REA na súa aula considerando as seguintes pautas:

  •  Organizar ó  alumnado  en función das súas diferentes capacidades, para crear equipos nos que cada un pon o seu gran de area, dende os máis proactivos, líderes, organizativos aos máis pasivos, non colaborativos, etc.
  •  Asignar a cada alumno/a unha función no grupo na que amose as súas capacidades (consignar na memoria técnica).
  •  Crear un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e aconsellando nas dificultades.

 Tamén existen actividades individuais (multinivel)  que procuran adaptarse a diferentes estilos ou ritmos de aprendizaxe.

Produtos finais

O produto final deste REA é a construción dunha maqueta con movemento  dunha máquina  que formaría  parte dun espazo de exercicios ó aire libre (parque biosaudable).

A maqueta da máquina debe ser unha simulación do movemento do exercicio que realizará o usuario a través dun ou varios mecanismos e cun o varios movementos (gradación da complexidade, ver seguinte sección).
As dimensións máximas (ancho, longo ou alto) da maqueta non deben exceder de 200 mm, de xeito que finalmente poidan xuntarse e formar un parque saudable de exercicios.

Enfoque multinivel do reto

A maqueta da máquina debe ser unha simulación dunha máquina dun parque de exercicios e terá os seguintes niveis:

  1. Realizar un movemento cun só mecanismo de transmisión ou transformación.
  2. Realizar dous movementos con varios mecanismos de transmisión e transformación.
  3. Incluír un elemento innovador na maqueta (impresión 3D, corte láser ou peza especial) que mellore o funcionamento.

Imagen niveles REA 4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)