Saltar navegación

1. Descrición xeral

"Un parque animado": coñecendo os mecanismos

Esta é unha guía para o REA (Recurso Educativo Aberto) "Un parque animado", deseñado co fin de introducir ao alumnado no coñecemento e aplicación dos mecanismos. Na SA (Situación de Aprendizaxe) o alumnado terá que realizar unha maqueta dunha máquina dun parque biosaudable con movemento, co obxectivo de planificar unha instalación deste tipo para mellorar o benestar das persoas usuarias no seu barrio.

Estudaremos os diferentes mecanismos e os principios básicos de funcionamento. Faise especial fincapé en continuar traballando de xeito correcto e seguro no taller, realizar e seguir unha documentación técnica precisa para o proxecto con ferramentas dixitais.

Continuamos traballando o método de proxectos na aula, buscando a asimilación da aprendizaxe en forma dun produto final que cumpra uns requirimentos previos, establecidos na rúbrica de avaliación.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Coñecer os mecanismos e onde os podemos encontrar.
  2. Diferenciar os diferentes tipos de mecanismos e movementos.
  3. Aprender a transmitir e transformar movementos utilizando mecanismos.
  4. Coñecer e aplicar o método tecnolóxico para realizar un proxecto.
  5. Realizar e seguir a documentación técnica dun  proxecto e divulgar os resultados.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)