Sculpte ton français!
![Miniatura recurso](/sites/default/files/styles/large/public/imaxes/recursos/Logo%20CLIN.MJ%20-%20zoom.jpg?itok=4ZAHlgpx)
"Sculpte ton français!" é unha serie de 4 Unidades didácticas pensadas para á aula virtual e con actividades interactivas e proxectos. Foi concebido para que o alumnado traballe de xeito competencial e colaborativo, aplicando o Modelo de Enriquecemento Curricular.
A súa formulación é moi activa e progresiva para que poidan aprender pouco a pouco a expresarse na lingua estranxeira e contén unha serie de tarefas integradas no marco de proxectos de aula que lles serán de gran axuda para asentar os seus coñecementos e adquirir as ferramentas necesarias para acadar o obxectivo final: crear un podcast (de clase) que integre os programas de radio realizados por grupos de 2 a 3 persoas.
Escalas e rúbricas de avaliación incluidas.