A praza das linguas
Este é o REA (Recurso educativo aberto) número 2 ―dun total de 6― elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura para 2.º de ESO.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor unha feira de linguas. O propósito é conseguir participar cun posto para promover distintas linguas da península. O enfoque competencial estará orientado á investigación, coñecemento e aplicación práctica dos saberes da materia, a diversidade lingüística da aula, aproximación á lingua de signos, primeiras nocións de lingua portuguesa, e un achegamento ás linguas éuscara e catalá.
No reto proposto o alumnado buscará información, deseñará o proxecto e redactará a presentación para o posto na feira compaxinando o traballo individual e grupal, así como o traballo dixital, oral e no caderno.