A Linguaxe de Argen 4º G.E. - UD2 Os intervalos
Unidade didáctica que desenvolve contidos das 4 destrezas da materia de Linguaxe Musical (ritmo, entoación, audición e teoría) para o 4º curso de Grao Elemental das ensinanzas especiais de Música, con explicacións e exercicios prácticos, con partituras axeitadas ao nivel e vídeos e audios para apoiar o estudo.
Son un conxunto de 8 UD que conforman o material a traballar no curso completo; esta unidade (UD 2) céntrase nos intervalos (simples, clasificación e inversión, enharmonías), ademais de traballar os compases a un pulso na parte rítmica, entoación e os ditados.
- UD1 Comezamos!!!
- UD2 Os intervalos
- UD3 A tonalidade
- UD4 A modalidade
- UD5 Os acordes
- UD6 A modulación
- UD7 A forma musical
- UD8 A escritura musical
Linguaxe Musical