Xoga coas letras: Alimentación
Visto: 0 veces
Votos
2024-05-02
Imaxe
Os ODE’s que compoñen o proxecto “XOGA COAS LETRAS” están deseñados para facilitar a aprendizaxe e o tratamento de dificultades na lectoescritura en lingua galega, así como para a ampliación do vocabulario nesta lingua e a mellora de aspectos como a pronuncia ou a conciencia fonolóxica.
Cada ODE está organizado arredor dun centro de interese, traballando de xeito progresivo o vocabulario do campo semántico correspondente con diferentes actividades interactivas, con apoios auditivos e visuais baseados en pictogramas. A estrutura de cada ODE iníciase con palabras formadas por sílabas directas e vanse engadindo palabras con ditongos, sílabas inversas, sílabas mixtas e sílabas trabadas, sempre co emprego de letras maiúsculas.
Neste ODE trabállase o vocabulario relacionado coa ALIMENTACIÓN.
Ficheiros relacionados
Arbol
Recursos relacionados
Galego