Mil latexos de papel
«Mil latexos de papel» é o REA 2 —dun total de 3— para Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe parte da lenda xaponesa das mil grúas e a historia de Sadako, para amosar ao alumnado as consecuencias terribles que traen as guerras: pobreza, migración, inxustizas… e que axudará a traballar contidos como os dereitos humanos, a violencia de xénero e a explotación laboral entre outros.
O reto consiste na creación da segunda sala do museo proxectado para esta área, na que terán que crear unha instalación artística que levará unha maleta coa información que corresponde ao seu grupo e grúas de papel que sairán voando dela.