Queres implicArte?
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida permite afondar no coñecemento das distintas manifestacións artísticas e nos elementos básicos da linguaxe visual. No proceso, preténdese fomentar nos estudantes habilidades e capacidades, tanto cognitivas cómo emocionais, expresando pensamentos e emocións de forma libre e orixinal, estimulando a creatividade e descubrindo o seu propio estilo artístico a través dun reto estimulante.
O reto poroposto consiste na creación dun cartel conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O alumnado empregará os elementos básicos da linguaxe visual e plástica, os principios básicos de composición, e transmitirá unha mensaxe contra a violencia mediante unha composición plástica.