De boca cerrada, no salen preguntas
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.
Nesta situación o alumnado terá que combinar o coñecemento teórico cunha aprendizaxe práctica centrada na entrevista; durante este proceso, explorarán distintos tipos de entrevistas, repasarán as categorías gramaticais e aprenderán a empregar correctamente os verbos para mellorar a súa redacción.
O reto consistirá en que o alumnado deberá gravar unha entrevista a unha muller pioneira da súa contorna para posteriormente expoñer o traballo realizado.