Que non che conten contos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria.
Esta SA ten como finalidade traballar a función de reprodución. Partirá da imaxe que temos dos demais e da nosa propia para logo desmontar mitos sobre a educación sexual e estudar a anatomía e a fisioloxía dos aparellos implicados; finalmente rematará con indicacións e consellos para coidar a saúde sexual.
O reto será crear un libro enrolable no que apareza toda a información real sobre a reprodución humana, dende os aparellos feminino e masculino ata o ciclo menstrual, fecundación, embarazo e parto. Deste xeito, o alumnado abordará contidos relacionados co corpo humano (función de reprodución: aparellos reprodutores feminino e masculino, menstruación e ciclo menstrual, fecundación, embarazo e parto, cambios físicos, emocionais e sociais así como os seus coidados e enfermidades relacionadas).