Un fogar para todos

Visto: 501 veces
Votos
Media: 4.6 (11 votos)

07/08/2025

Imaxe do REA03  de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO.

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe céntrase no coñecemento da biodiversidade no planeta Terra, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia.

No reto proposto, o alumnado terá que crear un calendario da Biodiversidade, centrado nunha zona natural de interese próxima, que podería empregarse como parte dunha campaña de divulgación destinada á comunidade educativa ou á localidade propia do alumnado.

Guía didáctica

Un fogar para todos

Visto: 0 veces
Votos
Media: 4.6 (11 votos)
2025-08-07
Imaxe
Imaxe do REA03  de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO.

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe céntrase no coñecemento da biodiversidade no planeta Terra, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia.

No reto proposto, o alumnado terá que crear un calendario da Biodiversidade, centrado nunha zona natural de interese próxima, que podería empregarse como parte dunha campaña de divulgación destinada á comunidade educativa ou á localidade propia do alumnado.

Categoría
Creagal
Galego