English Across the Curriculum II (unit7): Crime
"Crime" é unha unidade didáctica creada por Mónica Paula Montero Parcero e Juan Bautista Ramos Saíñas durante un período de licenza por estudos, modalidade 2, concedida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia para o curso 2021/22.
Destinatarios: centrada nos contidos propios de 3º da ESO, serve como consolidación e/ou introdución a novos coñecementos sobre os temas aquí tratados.
Materias, contidos e competencias básicas: abrangue contidos propios das áreas de Lingua Inglesa, Literatura, TIC e Matemáticas. Na unidade trabállanse as cinco destrezas necesarias para a adquisición dunha lingua estranxeira (Comprensión escrita, comprensión oral, produción escrita, produción oral e mediación) así como conceptos máis propios de temas transversais como o traballo en equipo.