Lingua galega

Visto: 0 veces
2013-07-09

Aula virtual co programa de 2º de Bacharelato a distancia elaborada no IES San Clemente. Clicando na imaxe que aparece cando lle dades a visualizar, descargarase a copia de respaldo para instalar no Moodle do voso centro. Se -pola contra- pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual.

A lírica

Visto: 0 veces
2013-07-03

A lírica é a forma literaria idónea para a expresión dos sentimentos do autor. Lingüisticamente vén marcada polo predominio, xunto coa función poética, da función expresiva da linguaxe. É o xénero literario mediante o que se expresan os sentimentos ou reflexións a partir dunha actitude íntima, dende a que o poeta interpela a realidade. O seu obxectivo non é representar a realidade externa, nin a relación humana con ela, aínda que non sexa estraña a ela nin aos seres e ás cousas que a conforman.

O xénero narrativo

Visto: 0 veces
2013-07-03

A literatura forma un conxunto de obras moi variadas. A igual que cando acudimos a buscar un disco nunha tenda e estes adoitan estar clasificados por estilos (pop, jazz, indie, heavi...); o autor, cando escribe, ha de elixir unha determinada forma entre as moitas que existen: son os xéneros literarios.

A literatura de fins de século XX e comezos do XXI

Visto: 0 veces
2013-06-26

Unidade didáctica de Lingua galega e literatura de 2º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

Panorama social. A poesía: Autores dos 80 e dos 90.Poetas e tendencias actuais máis relevantes
A prosa: Autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes
O teatro: O teatro dos 80 e dos 90
Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes