Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Visto: 0 veces
2013-06-27

Aula virtual co programa de 1º de Bacharelato a distancia elaborada no IES San Clemente. Clicando na imaxe que aparece cando lle dades a visualizar, descargarase a copia de respaldo para instalar no Moodle do voso centro. Se -pola contra- pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual.

Tempus fugit

Visto: 0 veces
2012-06-19

Tempus fugit é un paquete de táboas cronolóxicas e actividades ou xogos deseñados para facilitarlle ao alumnado a adquisición dun esquema temporal da Filosofía, da Ciencia, da Economía, da Historia, da Literatura, da Arte e da Música. Tempus fugit aporta ferramentas para integrar as TIC nas aulas de ESO e Bacharelato.