Picasso: Un neno pintor na Coruña

Visto: 0 veces
2014-02-18

Este material curricular dixital interactivo pretende achegar ao alumnado galego a figura de Picasso na súa adolescencia galega, nos anos que o incipiente artista pasou na Coruña, desde 1891 a 1895. Picasso chega á Coruña con 10 anos recién cumpridos (de feito, probablemente os fixera no barco que o traía de camiño), e aquí pasa os anos decisivos da súa adolescencia.

A verdade de Hipatia

Visto: 0 veces
2012-02-06

Este proxecto ten como punto de partida o visionado da película Ágora, de Alejandro Amenábar, e está concibido, principalmente, como unha investigación sobre o carácter histórico da película polo que respecta a Hipatia, a súa protagonista, Alexandría, a súa cidade, e a época na que viviu, o período helenístico.

A visita a Cova da Ceza

Visto: 0 veces
2010-10-19

Visita a Cova da Ceza (Serra do Courel) como parte da programación do centro en xeral, e do departamento de Bioloxia e Xeoloxia en particular, por parte dun grupo de alumnos acompañados por profesores do CPI dos Dices. Recibiu o 1º premio na modalidade C na convocatoria de premios a recursos educativos para a Sociedade da Información 2007.