Brincaletras: El Hematocrítico
Brincaletras para traballar a obra de Miguel Ángel López González, "El Hematocrítico".
Brincaletras para traballar a obra de Miguel Ángel López González, "El Hematocrítico".
Artefacto educativo para acertar dez adiviñas de animais e completar a granxa de Pepito. Traballaremos o campo semántico dos animais domésticos e as adiviñas tradicionais.
Unidade 5 de 5 con actividades para a iniciación á lectoescritura en galego.
Trabállanse os ditongos, a través de sílabas e palabras que poden chegar a crear confusión.
Unidade 4 de 5 con actividades para a iniciación á lectoescritura en galego. Sílabas e palabras que poden chegar a crear confusións.
Estamos ante actividades que teñen por obxectivo practicar a conciencia fonolóxica intrasilábica, prestando atención ás consoantes r, s, l e n en sílabas trabadas.
Unidade 3 de 5 con actividades para a iniciación á lectoescritura en galego.
Este traballo está proposto para exercitar a conciencia fonolóxica intrasilábica. Trabállanse sílabas trabadas na primeira sílaba de palabras bisílabas, que poden chegar a crear confusión.
Unidade 2 de 5 con actividades para a iniciación á lectoescritura en galego.
Temos aquí un conxunto de actividades que traballan a conciencia fonolóxica nas sílabas trabadas en posición final de palabra, xa que resultan máis doadas que en posición medial. Todas as palabras están enfrontadas a outras das que só se diferencian pola consoante final, o que obriga a fixarse fonoloxicamente nese fonema consonántico.
Unidade 1 de 5 con actividades para a iniciación á lectoescritura en galego.
Neste libro trabállase a conciencia fonolóxica nun dos aspectos máis difíciles para o alumnado con dislexia: a discriminación da consoante final de palabra.
O obxectivo de este REA é dar a coñecer a correspondencia (carta, postal...) como outro tipo de texto de uso social, que ten uns obxectivos de comunicación e unha intención diferente segundo a persoa ou persoas ás que vai dirixida.
Este REA ten como obxectivo que o alumno utilice diferentes linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de goce.
Con este REA pretendemos que os alumnos sexan conscientes dos pasos do proceso de escritura creativa dun texto.
O seu obxectivo fundamental é contribuír ao coñecemento e utilización da lingua para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado, así como axudar a comprender a literatura como un xeito de expresión artística a través da cal transmitir valores, emocións e sentimentos.