Saltar navegación

Condicións

Estruturas condicionais

En MicroBlocks, os bloques de estruturas condicionais atópanse no menú laranxa de "Control".

A continuación, empregarás o "se" e o "se... se non" para facer algúns exemplos e refrescar o seu funcionamento. Poderás empregar estes exemplos máis adiante cando te enfrontes ao reto.

Bloques de MicroBlocks con estruturas condicionais

Lectura facilitada

En MicroBlocks, os bloques condicionais están no menú laranxa de "Control".

Agora usarás os bloques "se" e "se... se non".

Con eles farás exemplos sinxelos.

Bloques de MicroBlocks con estruturas condicionais

Exemplos

Día ou noite?

Este programa distingue dous niveis de luz: cando está escuro e cando hai luz. En función desa condición, reproduce unha nota diferente: soa unha nota se hai luz e outra distinta se está escuro.

Diagrama de fluxo dun programa que reacciona ante a luz: se hai luz emite un son, se está escuro outro

A ou B?

Neste exemplo acenderás as luces da placa con diferentes cores (en Adafruit) ou formas (en micro:bit) en función do botón que premas (A ou B). 

Programa que reacciona de diferente maneira ante cada un dos botóns da placa Adafruit e o seu diagrama de fluxo

O interruptor

Seguro que xa te decataches de que só con dous botóns non hai maneira de facer varios programas na placa.

Para solucionar isto, vas incorporar a posibilidade de detectar o interruptor da placa. Deste xeito, haberá seis posibilidades. Fíxate no seguinte exemplo:

Diagrama de fluxo para distinguir as seis combinacións de botón A, B, A+B e o interruptor da placa Adafruit. Programa equivalente ao lado

Lectura facilitada

Día ou noite?

Este programa distingue entre luz e escuridade.

Se hai luz, soa unha nota.

Se está escuro, soa outra nota.

Diagrama de fluxo dun programa que reacciona ante a luz: se hai luz emite un son, se está escuro outro

A ou B?

Neste exemplo, a placa responde segundo o botón que premas.

Se premes A, fai unha acción.

Se premes B, fai outra acción.

En Adafruit cambian as cores.

En micro:bit cambian as formas.

Programa que reacciona de diferente maneira ante cada un dos botóns da placa Adafruit e o seu diagrama de fluxo

O interruptor

Con dous botóns hai poucas opcións.

Por iso tamén se usa o interruptor da placa.

Así pódense facer máis combinacións.

No seguinte exemplo aparecen seis posibilidades.

Diagrama de fluxo para distinguir as seis combinacións de botón A, B, A+B e o interruptor da placa Adafruit. Programa equivalente ao lado

Transcrición da infografía

Día ou noite

Inicio.

O nivel de luz é superior a 50?

Toca un sol.

Toca un dó.

Ao comezar.

Por sempre.

Se nivel de luz maior que 50.

Tocar a nota dó na oitava 0 durante 500 ms.

Se non.

Tocar a nota sol na oitava 0 durante 500 ms.

A ou B?

Inicio.

  • Están os botóns A e B premidos?
    • Acende os NeoPíxeles de cor azul.
  • Non están os botóns A e B premidos?
    • Está o botón A premido?
      • Acende os NeoPíxeles de cor vermella.
    • Non está o botón A premido?
      • Está o botón B premido?
        • Acende os NeoPíxeles de cor verde.

Programa para Adafruit Circuit Playground Express:

Cando se preme o botón A+B.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor azul.

Cando se preme o botón A.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermella.

Cando se preme o botón B.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor verde.

Programa para micro:bit:

Cando se preme o botón A+B.

Amosa a imaxe corazón.

Cando se preme o botón A.

Amosa a imaxe ledo.

Cando se preme o botón B.

Amosa a imaxe triste.

O interruptor

Diagrama de fluxo:

Inicio.

Se están premidos os botóns A e B, comproba se o interruptor da placa está aceso.

Se o interruptor está aceso, acende os NeoPíxeles de cor azul.

Se o interruptor non está aceso, acende os NeoPíxeles de cor maxenta.

Agarda 3 segundos.

Apaga os NeoPíxeles.

Se non están premidos os botóns A e B, comproba se está premido o botón A.

Se o botón A está premido, comproba se o interruptor da placa está aceso.

Se o interruptor está aceso, acende os NeoPíxeles de cor vermella.

Se o interruptor non está aceso, acende os NeoPíxeles de cor ciano.

Agarda 3 segundos.

Apaga os NeoPíxeles.

Se o botón A non está premido, comproba se está premido o botón B.

Se o botón B está premido, comproba se o interruptor da placa está aceso.

Se o interruptor está aceso, acende os NeoPíxeles de cor verde.

Se o interruptor non está aceso, acende os NeoPíxeles de cor amarela.

Agarda 3 segundos.

Apaga os NeoPíxeles.

Programa para Adafruit Circuit Playground Express:

Cando se preme o botón A+B.

Se interruptor da Circuit Playground.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor amarela.

Se non.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor azul.

Agardar 3000 milisegundos.

Apaga os NeoPíxeles.

Cando se preme o botón A.

Se interruptor da Circuit Playground.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor ciano.

Se non.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermella.

Agardar 3000 milisegundos.

Apaga os NeoPíxeles.

Cando se preme o botón B.

Se interruptor da Circuit Playground.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor maxenta.

Se non.

Pinta todos os NeoPíxeles coa cor verde.

Agardar 3000 milisegundos.

Apaga os NeoPíxeles.

Programa para micro:bit:

Cando se preme o botón A+B.

Se logo touched.

Amosa a imaxe ledo.

Se non.

Amosa a imaxe triste.

Agardar 3000 milisegundos.

Limpar pantalla.

Cando se preme o botón A.

Se logo touched.

Amosa a imaxe durmido.

Se non.

Amosa a imaxe sorprendido.

Agardar 3000 milisegundos.

Limpar pantalla.

Cando se preme o botón B.

Se logo touched.

Amosa a imaxe xirafa.

Se non.

Amosa a imaxe vaca.

Agardar 3000 milisegundos.

Limpar pantalla.

Agora ti: proba outros sensores

Icona  dun robot cunha controladora Adafruit PCE e micro:bit nas mans

Proba ti a facer reaccionar a placa ante o sensor de temperatura (que atoparás no menú violeta de "sensores básicos"). Este sería o diagrama de fluxo, adáptao aos valores concretos do sensor:

Diagrama de fluxo dun condicional para calquera sensor e bloques de sensor de temperatura e son

Lectura facilitada

Agora proba ti co sensor de temperatura.

Este sensor está no menú violeta de "sensores básicos".

Fai que a placa reaccione segundo a temperatura.

Segue o diagrama de fluxo.

Despois adapta os valores ao sensor de temperatura.

Diagrama de fluxo dun condicional para calquera sensor, e bloques de sensor de temperatura e son

Transcrición da infografía

Inicio.

  • Se o nivel do meu sensor é superior ao valor indicado, toca un dó.
  • Se non é superior ao valor indicado, toca un sol.

Para probar o programa, emprega valores de temperatura entre 30 ºC e 36 ºC.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)