Saltar navegación

Bucles

Repetir e repetir

Os bucles son as estruturas que máis aparecen nos programas. As dúas instrucións relativas a un bucle en MicroBlocks son:

  • "Por sempre": repite os bloques que ten dentro indefinidamente.
  • "Repetir x veces": repite os bloques que ten dentro tantas veces ("x") como lle digas.
Bucle para sempre e bucle repetir x veces, sendo x=10

Lectura facilitada

Un bucle serve para repetir accións.

  • "Por sempre": repite os bloques sen parar.
  • "Repetir x veces": repite os bloques o número de veces indicado pola "x".
Bucle para sempre e bucle repetir n veces

Un exemplo

    A continuación, tes un programa que simula un cronómetro moi simple, onde as luces da controladora se acenden progresivamente. Cada segundo acéndese unha luz diferente, ata completar o círculo.

    Cronómetro simple

    Este cronómetro vai acendendo progresivamente as luces da controladora: 

    Diagrama de fluxo e programa dun cronómetro sinxelo

    Cronómetro con melloras

    Cando se programa, unha mesma idea pode ter distintas versións. Adóitase buscar unha solución básica que cumpra un obxectivo e, a partir dela, introdúcense melloras. Programar non consiste só en facer que algo funcione; senón en revisar, simplificar e optimizar o que se fai. Esta é a mellora do programa anterior.

    Diagrama de fluxo e programa dun cronómetro mellorado

    Lectura facilitada

    Aquí tes un programa que fai un cronómetro simple.

    As luces da controladora acéndense pouco a pouco.

    Cada segundo acéndese unha luz máis.

    Ao final complétase o círculo.

    Cronómetro simple

    Este cronómetro acende as luces de forma progresiva.

    Diagrama de fluxo e programa dun cronómetro sinxelo

    Cronómetro con melloras

    Un programa pode mellorarse.

    Primeiro faise unha versión simple.

    Despois pódense facer cambios para mellorala.

    Este é o cronómetro mellorado.

    Diagrama de fluxo e programa dun cronómetro mellorado

    Transcrición da infografía

    Cronómetro simple

    Inicio.

    Acende o NeoPíxel 1.

    Agarda 1 segundo.

    Acende o seguinte NeoPíxel.

    Agarda 1 segundo.

    Programa para Adafruit Circuit Playground Express:

    Ao comezar.

    Pon o NeoPíxel 1 de cor verde.

    Agardar 1000 milisegundos.

    Repetir 9 veces.

    Rota os NeoPíxels en 1.

    Agardar 1000 milisegundos.

    Programa para micro:bit:

    Ao comezar.

    Reinicia cronómetro.

    Repetir 10 veces.

    Amosa o carácter cronómetro.

    Agardar 1000 milisegundos.

    Cronómetro con melloras

    Inicio.

    Apaga todos os NeoPíxels. "Con esta orde aseguramos que todas as luces están apagadas ao comezar."

    Acende o NeoPíxel 1.

    Agarda 1 segundo.

    Acende o seguinte NeoPíxel.

    Agarda 1 segundo.

    Acende todos os NeoPíxeles. "Con esta orde visibilizamos mellor a fin da conta atrás, acendendo todas as luces."

    Programa para Adafruit Circuit Playground Express:

    Ao comezar.

    Apaga os NeoPíxeles.

    Pon o NeoPíxel 1 de cor verde.

    Agardar 1000 milisegundos.

    Repetir 9 veces.

    Rota os NeoPíxel en 1.

    Agardar 1000 milisegundos.

    Pon os NeoPíxeles.

    Programa para micro:bit:

    Ao comezar.

    Reinicia cronómetro.

    Limpar pantalla.

    Repetir 10 veces.

    Amosa o carácter cronómetro.

    Agardar 1000 milisegundos.

    Amosa a imaxe ledo.

    Agora ti

    Icona dun robot cunha controladora Adafruit PCE e micro:bit nas mans

    Deseña un contador de 30 segundos utilizando unha cor diferente á anterior. Cando o tempo chegue a cero, fai que se reproduza unha melodía para indicar que rematou a conta atrás.

    Cronómetro soando cunha placa Adafruit

    Lectura facilitada

    Deseña un contador de 30 segundos.

    Emprega unha cor diferente da anterior.

    Cando o tempo chegue a cero, fai soar unha melodía.

    A melodía indicará que a conta atrás rematou.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)