A "CIGARRA" GUITARRA!
Como última actividade desta unidade imos darlle un pouquiño de caña á nosa nova guitarra. Lembrades esa historia que adoitan contarnos cando somos pequenos/as para introducirnos os instrumentos musicais con animais, e falaba sobre unha cigarra que tocaba a guitarra? Pois ben... chamámola hoxe para poder vir tocar connosco a súa canción pero seica estaba moi liada. No seu lugar acudiu outro insecto do máis interesante: a cascuda (cucaracha)! E non me digades que non coñecedes a súa afamada canción! Pasiño a pasiño imos aprender a tocar a súa melodía, pero para iso primeiro falaremos sobre os orixes desta composición.
"La cucaracha"
Trátase dunha canción popular mexicana, que por moi raro que pareza, ten orixe española antes de converterse en todo un himno do país latinoamericano. Durante a Revolución Mexicana, o tema foi empregado polas tropas revolucionarias de Sancho Villa como burla cara ó ditador da época Victoriano Huerta (facendo referencia sobre súa dificultade para camiñar). Unha maneira enxeñosa de popularizar unha canción a través da crítica social en tempos de guerra! Habitualmente é interpretada por unha formación típica mexicana, os mariachis, vestida con roupas tradicionais e acompañada de guitarra, trompeta e violín.
INSTRUCIÓNS
Para realizar a actividade primeiro deberemos identificar as notas da melodía na súa partitura. Deste xeito, será máis sinxelo localizar a corda da nosa guitarra que temos que tocar en cada caso. Prestade especial atención ó nome da nota que se indica, e premede co punteiro do rato sobre a frecha que consideredes acertada. Non hai límite de tempo! Por se o precisades, a continuación atoparedes unha imaxe cos nomes das diferentes notas que forman a escala musical seguindo o código de cores que xa coñecedes.
\n

Deseguido podedes atopar todos os materiais necesarios para interpretar esta canción as veces que queirades, solos ou acompañados!