Rubber band guitar
O prometido é débeda! E como adoita ser habitual neste proxecto, despois da teoría ven a práctica. Desta volta chegaou a quenda para elaborar o cotidiáfono desta unidade, unha guitarra con materiais de refugallo que leva o nome de rubber band guitar, ou o que é o mesmo "guitarra de gomas elásticas" (o certo é que o nome en inglés ten algo máis de gancho). De seguro será o instrumento máis difícil de construír ata agora, sobre todo no tema de afinación das súas cordas para poder tocar de xeito correcto despois. Pero xa vos adianto que se prestades atención e imos pasiño a pasiño vainos a quedar unha guitarra de colección! No próximo vídeo interactivo atoparedes as indicacións sobre o proceso de elaboración adaptadas ao voso propio ritmo, e na seguinte lapela podedes visualizar ou ben descargar o titorial en formato de texto. Imos aló!
A continuación atoparás o titorial completo de elaboración da Rubber Band Guitar empregando materiais de refugallo. Podes visualizalo online ou ben descargalo se o prefires.
