Frauta de pan... e acción!
- Duración:
- 50
- Agrupamento:
- Ilimitado
Que ben soa a canción de Oh Susanna tocada por unha orquestra sinfónica! Aínda que no noso caso ímolo a ter algo complicado para conseguir tantos instrumentos, faremos uso da frauta de pan que acabamos de construír para tocar esta peza. Antes de nada, lembrade que cada un dos tubos correspóndese cunha nota da escala musical, tal e como xa sabedes, pero é importante para iso recoñecer primeiro todas as notas da partitura, para saber cando temos que tocar cada unha. Velaí van algunhas pautas para facelo:
- Descargar a partitura e colocarlle o nome das notas por debaixo.
- Practicar a melodía peza de forma individual e pouco a pouco, e a unha velocidade lenta.
- Ir aumentando progresivamente a velocidade, ata tocar a melodía enteira a un tempo real.
- Practicar a peza en conxunto.
MELODÍA
A continuación atoparedes a partitura coa melodía individual da canción. É válida para calqueira tipo de instrumento de altura determinada (como unha frauta doce ou un xilófono), pero recordade seguir as indicacións anteriores para practicala sen prisa. Moito ánimo!
ACOMPAÑAMENTO
Se queredes practicar a canción e realizar vós o acompañamento musical, no seguinte documento atoparedes as indicacións coas notas dos acordes para poder facelo. Prestade atención á secuencia dos memos e ós compases nos que se tocan para acompañar a melodía sen trabucarse. Podedes escoller instrumentos da orquestra escolar Orff como xilófonos, metalófonos ou incluso os tubos sonoros e seguir o código de cores que xa coñecedes (sonocolores). Imos aló!
O prometido é débeda, e como falamos esta canción tan popular adoita ir acompañada dunha danza moi especial. Neste apartado aprenderemos os pasos para bailar a súa coreografía! Primeiro botádelle un vistazo as indicacións precisas non seguinte documento para non perdernos cando comece a soar a música:
De xeito orientativo, podedes visualizar o seguinte vídeo onde se baila a coreografía que acabades de ler. Xa sabedes... a mover o esqueleto!