Saltar navegación

Deseñamos os planos

Esbozo dixital

Ilustración del concepto de arquitecto
Storyset (Freepik). Ilustración del concepto de arquitecto (CC BY-SA)
Sound Effects Library. Telephone’s Touch Keys (CC BY-SA)

Non vos preocupedes... non é preciso chamar a ningún arquitecto ou enxeñeiro para facelo! Ímolo a realizar nós mesmos/as. O único que necesitamos é ter instalado o programa de debuxo KolourPaint no noso equipo (ven cargado por defecto nos ordenadores do alumnado con maqueta ABALAR). Se empregades outro dispositivo para realizar a actividade podedes descargar o programa de maneira gratuita na súa páxina oficial picando no seguinte enderezo:

Descarga KolourPaint

Agora ben, se xa tedes todo en orde non perdades ollo do seguinte titorial onde se explica pasiño a pasiño como é o procedemento para elaborar os planos da nosa frauta de pan antes de comezar coas manualidades. Imos aló!

Iván Suárez. Video-titorial KolourPaint (CC BY-SA)



Feito con eXeLearning (Nova xanela)