Saltar navegación

5. A entrevista de traballo

Ti es a túa mellor presentación

Interior de oficina de emprego
Alexandra Pacheco. Interior de oficina de emprego (CC BY-SA)


A entrevista de traballo é un paso clave no proceso de selección. A través dela, a empresa non só revisa o que fixeches, senón que busca coñecer como es como persoa: como falas, como te expresas, como reaccionas, se encaixasno equipo…

Lectura facilitada

🧭 Agora que seleccionaron o noso CV...

Agora temos que ir a unha entrevista de traballo. É moi importante, porque alí van decidir se nos dan o posto ou non.

Na entrevista, a empresa quere saber máis de ti: como falas, como es, se sabes traballar en equipo…

❓ Para que serve unha entrevista de traballo?

  • Para explicar mellor o que puxeches no teu CV.
  • Para ver se estás preparado/a para o posto.
  • Para saber se tes interese, boa actitude e responsabilidade.
  • Para comprobar como te comunicas.

💡 Que tipo de preguntas poden facerche?

  • Sobre ti: quen es, como te defines, que che gusta facer.
  • Sobre o teu CV: estudos, experiencias, idiomas…
  • Sobre o posto: por que che interesa, que podes achegar, como actuarías.
  • Preguntas de situacións: “Que farías se…?”

🧠 Consellos para a entrevista

  • ✅ Busca información sobre a empresa antes de ir.
  • ✅ Vai limpo/a, ben vestido/a e chega con tempo.
  • ✅ Escoita con atención e responde con claridade.
  • ✅ Fala con educación e usa un ton formal, pero natural.
  • ✅ Mostra interese polo posto.
  • ✅ Se dis que es organizada ou creativa, pon un exemplo real.
  • ✅ Ao final, agradece a oportunidade coa frase: “Moitas grazas polo seu tempo.”

🗣️ Lembra

Unha entrevista non é un exame. É unha conversa. Ti tamén podes facer preguntas. O importante é ser sincero/a, educado/a e dar unha boa impresión.

Consellos para unha entrevista de traballo

Consellos para unha boa entrevista de traballo
Alexandra Pacheco en Canva. Decálogo para unha entrevista de traballo (CC BY-SA)

Erros a evitar na entrevista de traballo

com/watch?v=CvqqtSj9hFE

Feito con eXeLearning (Nova xanela)