Unha candidatura con motivos
A carta de presentación (ou carta de motivación) é un texto breve que acompaña o teu CV cando optas a un traballo, unhas prácticas, unha bolsa ou calquera oportunidade profesional. Serve para explicares por que estás interesado/a no posto e que podes achegar ti como persoa e como traballador/a.
Non é unha repetición do CV: é unha oportunidade para falar con máis emoción, con máis humanidade, e convencer a quen lea de que mereces ser escollido/a.
Saúdo inicial
Diríxete de maneira cordial á persoa ou entidade:
Exemplo: “Estimado equipo de selección:” ou “Prezados/as responsables de…”
Parágrafo 1: Presentación persoal e obxectivo
Di quen es, que estás a estudar ou cal é o teu perfil, e a que oportunidade estás optando.
Exemplo: “Chámome Ana Lamas, son estudante de 4º da ESO e gustaríame formar parte do voso proxecto de…”
Parágrafo 2: Motivación
Explica por que che interesa esa oferta concreta. Que che atrae dese posto? Por que ti e non outra persoa? Podes mencionar experiencias ou valores persoais.
Parágrafo 3: Que podes achegar ti
Menciona as túas cualidades, capacidades ou aprendizaxes que poden ser útiles para o posto.
Exemplo: “Considérome unha persoa responsable e con facilidade para traballar en equipo, e creo que podo contribuír a…”
Peche e despedida
Remata con disposición ao contacto e un saúdo cordial.
Exemplo: “Moitas grazas polo seu tempo. Quedo á súa disposición para calquera aclaración. Un cordial saúdo.”
Lectura facilitada
📄 Que é unha carta de presentación?
A carta de presentación (tamén chamada carta de motivación) é un texto breve que se entrega xunto co currículo (CV).
Escríbese cando queres conseguir un traballo, unhas prácticas, unha bolsa ou outra oportunidade profesional.
Serve para explicar por que che interesa o posto e que podes achegar como persoa e como traballador/a.
Non é repetir o CV. É falar con emoción e humanidade para convencer de que ti mereces a oportunidade.
Fonte: Alexandra Pacheco. Alumnado redactando (CC BY-SA)
✍️ Como debe ser unha boa carta?
- 🔵 Escrita con ton formal e boa ortografía.
- 🔵 Breve e clara: non máis dunha páxina.
- 🔵 Adaptada ao posto: non copies sempre o mesmo texto.
📬 Estrutura da carta
👋 Saúdo inicial
Comeza dirixíndote de forma cordial á empresa ou persoa.
Exemplo: “Estimado equipo de selección:” ou “Prezados/as responsables de…”
🧑 Parágrafo 1: Presentación
Di quen es, que estás a estudar ou cal é o teu perfil, e a que te presentas.
Exemplo: “Chámome Ana Lamas, son estudante de 4º da ESO e gustaríame formar parte do voso proxecto de…”
💬 Parágrafo 2: Motivación
Explica por que che interesa esta oferta. Que che gusta dese posto? Que tes ti que che fai especial?
Podes mencionar experiencias ou valores persoais.
🎁 Parágrafo 3: O que podes achegar
Fala das túas capacidades, calidades ou cousas que aprendiches e que poden ser útiles para o posto.
Exemplo: “Considérome unha persoa responsable e con facilidade para traballar en equipo, e creo que podo contribuír a…”
🙋♀️ Peche e despedida
Remata con un agradecemento e ofrecéndote para
Exemplo: “Moitas grazas polo seu tempo. Quedo á súa disposición para calquera aclaración. Un cordial saúdo.”
Audio
Mira un exemplo