Saltar navegación

Os textos argumentativos

Convencer con palabras

Ilustración cun home debatendo
Ilustración creada con ChatGPT-4. Os textos argumentativos (CC BY-SA)

O principal obxectivo dos textos argumentativos é convencer ás persoas que reciben a mensaxe sobre un punto de vista ou unha opinión, utilizando razóns e evidencias.

Exemplos:  ensaios, artigos de opinión, editoriais, discursos persuasivos...

Estrutura: 

Tese

A idea principal ou posición que se defende no texto.

Exemplo: "O uso do teléfono móbil nas aulas debe estar permitido con fins educativos."

Argumentos

As razóns ou evidencias que apoian a tese.

Exemplo: "Co móbil pódense facer actividades interactivas, buscar información ao momento ou gravar explicacións."

Refutación

A consideración de posibles obxeccións ou contraargumentos.

Exemplo: "Non está demostrado científicamente que o uso do móbil na aula sexa o culpable da adicción aos videoxogos"

Conclusión

Resumo dos puntos principais e reafirmación da tese.

Exemplo: "Por tanto, co uso adecuado e supervisado, o móbil pode ser unha ferramenta útil na aprendizaxe."

Lectura facilitada

Os textos informativos son os que nos achegan coñecemento sobre un acontecemento, un asunto ou un tema concretos. 

Son os textos que lemos, polo xeral, en xornais, revistas, enciclopedias ou manuais. Ou ben que escoitamos nos informativos de televisión, nunha charla ou conferencia sobre un tema determinado.

A función principal dun texto informativo é dar a coñecer algo.

Características: 

Obxectividade
Os textos informativos deben ser imparciais e basearse en feitos.

Claridade
A información debe ser clara e comprensible.

Precisión
Os datos presentados deben ser correctos e detallados.

Pregunta de escolla única

Pregunta

Cal é a principal función dun texto argumentativo?

Suxestión

Lembra! O obxectivo é influír na opinión de quen le ou escoita.

Respostas

Informar de xeito imparcial sobre un feito.

Explicar conceptos científicos de forma clara.

Convencer sobre unha idea mediante razóns e evidencias.

Retroalimentación

Pregunta

Cal destas opcións é un exemplo de texto argumentativo?

Suxestión

Lembra que xénero busca convencer ás persoas lectoras.

Respostas

Unha entrada de enciclopedia.

Un editorial dun xornal.

A descrición dunha paisaxe.

Retroalimentación

Pregunta

Que parte dun texto argumentativo contén a idea principal que se quere defender?

Suxestión

Pensa no punto de vista que se defende!

Respostas

Conclusión.

Introdución.

Tese.

Retroalimentación

Pregunta

Que función ten a refutación nun texto argumentativo?

Suxestión

Lembra que sempre hai que pensar nos argumentos contrarios.

Respostas

Resumir os argumentos presentados.

Describir unha situación contraria.

Responder a posibles obxeccións ou contraargumentos.

Retroalimentación

Pregunta

En que parte do texto se volve afirmar a tese e se reforzan os puntos clave?

Suxestión

Reflexiona sobre cal é o momento máis importante do texto para lembrar algo.

Respostas

Conclusión.

Argumentos.

Introdución.

Retroalimentación

Para ampliar...

Pregunta

Que tipo de texto é este?:

Mapa Meteogalicia
Meteogalicia. Predición meteorolóxica

Respostas

Texto argumentativo

Texto informativo

Texto narrativo

Retroalimentación

Pregunta

E este?

Respostas

Texto argumentativo

Texto informativo

Texto narrativo

Retroalimentación

Pregunta

E estoutro?

Respostas

Texto descritivo

Texto informativo

Texto argumentativo

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)