Tarefa inicial: Comezamos o noso dicionario da vivenda galega
- Duración:
- 10 minutos
- Agrupamento:
- Por parellas
📌 Como o faremos?
1️⃣ Elixide os termos que máis vos chamaron a atención ou que vos pareceron novos.
2️⃣ Buscade o seu significado en fontes fiables (dicionarios, artigos, materiais didácticos…) e escribide unha definición clara e breve.
3️⃣ Engadide unha imaxe ou debuxo para ilustrar cada termo.
4️⃣ Subide os vosos termos ao glosario colaborativo, que construiremos entre todos e todas na Aula Virtual.
📌 Preguntas que vos poden axudar:
É un termo propio da arquitectura galega ou úsase noutros lugares?
Seguímos usándoo hoxe en día ou é máis típico de construcións antigas?
Por que cres que se usaban certos materiais e non outros?
💡 Obxectivo final: Ao rematar a situación de aprendizaxe, teremos un glosario visual que recolla toda a riqueza do vocabulario vinculado á vivenda galega! Preparados/as para convertervos en exploradores do noso patrimonio arquitectónico? 🏡📚