Saltar navegación

7. Que aprendín? Autoavaliámonos

Organizamos a información nun "Visual Thinking"

Para interiorizar algúns dos conceptos básicos que acabamos de ver sobre os diferentes tipos de texto imos facer un mapa mental mediante a técnica de "Visual Thinking": 

INTEF. Visual Thinking en Educación (CC BY-SA)

RÚBRICA VISUAL THINKING (EDITABLE)                                              RÚBRICA VISUAL THINKING  (PDF)

Traballade a vosa creatividade pois ao final publicarémos os vosos "visual thinking" nun Padlet colaborativo sobre o texto e as súas propiedades.

Padlet sobre as propiedades do texto
Alexandra Pacheco. "As propiedades do texto" (CC BY-SA)

Test SCORM

Pregunta

Cal das seguintes opcións NON é unha boa práctica para facer unha descrición?

Respostas

Empregar adxectivos precisos

Organizar a información

Usar palabras ambiguas para crear misterio

Pregunta

Que diferenza hai entre unha descrición organizada e unha desorganizada?

Respostas

A organizada ten máis adxectivos

A organizada facilita a comprensión ao seguir unha orde lóxica

A desorganizada é máis creativa e espontánea

Pregunta

Cando describimos un lugar natural, que función teñen os detalles sensoriais?

Respostas

Engadir datos científicos

Transmitir emocións e facer a descrición máis viva

Completar a información xeográfica

Pregunta

Cal das seguintes opcións é unha propiedade esencial de todo texto?

Respostas

Lonxitude mínima de 100 palabras.

Incluír sempre opinións persoais.

Adecuación ao contexto comunicativo.

Pregunta

Cando un texto mantén o mesmo tema e segue unha orde lóxica, está respectando a propiedade de:

Respostas

Cohesión.

Adecuación.

Coherencia.

Pregunta

Cando se evita repetir unha palabra substituíndoa por un sinónimo, estamos usando:

Respostas

Un mecanismo de cohesión por substitución.

Unha elipse.

Un marcador textual.

Pregunta

Que elemento arquitectónico galego tradicional servía para gardar cereais e alimentos, protexéndoos da humidade e dos animais?

Respostas

Pazo

Hórreo

Bufarda

Pregunta

Nun texto argumentativo, cal é o propósito principal da refutación?

Respostas

Narrar un feito imaxinario.

Responder a posibles obxeccións e reforzar a propia tese.

Describir con detalle un lugar ou obxecto.

Pregunta

Cando un texto usa conectores como 'ademais', 'porén', 'en primeiro lugar', está empregando:

Respostas

Unha estrutura de nó.

Marcadores discursivos para mellorar a cohesión.

Unha técnica de progresión temática.

Pregunta

Cal destas definicións corresponde ao termo 'lareira'?

Respostas

Construción elevada para almacenar cereais.

Lugar central da casa onde se cociñaba e quentaba o fogar.

Elemento da cuberta dunha vivenda tradicional.

Activar JavaScript

Agora avalíasnos ti

Rúbrica para avaliar o ODE
 MOI DACORDODACORDOEN DESACORDO
A situación de aprendizaxe foi clara e ben explicadaEntendín perfectamente o que había que facer desde o principio (2)Tiven que facer preguntas, pero entendino ben (1)Custoume entender o que se esperaba de min (0.5)
As tarefas foron interesantes e motivadorasFixéronme pensar, aprender e implicarme (2)Algunhas si, outras non (1)Non me resultaron motivadoras (0.5)
A situación permitiume traballar de forma activa e autónomaSentinme protagonista do meu proceso de aprendizaxe (2)Algúns momentos si, outros non (1)Non tiven ocasión de decidir nin participar activamente (0.5)
As actividades estiveron ben adaptadas ao noso nivelSi, foi axeitado e desafiante (2)En xeral si, pero algúns momentos foron moi difíciles/fáciles (1)Non, foi demasiado fácil ou difícil (0.5)
A avaliación foi xusta e coherente co traballo feitoEntendín como se me ía avaliar e estou de acordo (2)Non tiven claro todo o tempo os criterios (1)Non entendo a avaliación nin a considero xusta (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)