Saltar la navegación

Tareas cooperativas

Entrevista con roles invertidos

Duración:
50 minutos
Agrupamento:
Grupos cooperativos (3-4 persoas)

Obxectivo: O alumnado elabora unha entrevista con Esquilo, Mary Shelley ou con Gustav Meyrink.

A actividade pode desenvolverse cunha IA específica coa instrución que desenvolva o rol do escritor concreto. Do contrario, pode desenvolverse cun dos membros do equipo respondendo como se fosen o autor/autora escollido/a para comprender o seu funcionamento.

Para realizar a entrevista empregarase a estrutura cooperativa: “1-2-4”, fomentando a reflexión individual, colaboración en parella e debate grupal.

Para deseñar a entrevista, organizaremos tres fases:

Na Fase 1 - Reflexión individual (10 min) cada membro do equipo reflexiona sobre os aspectos máis importantes da obra do autor escollido ou autora; escolle a novela concreta, os temas, a visión do personaxe protagonista, etc.

Na fase 2 - Posta en común en parellas (10 min) os membros do grupo distribúense en parellas e revisan como estruturar as preguntas en bloques de información para ter unha estrutura fluída

Na fase 3 - Creación do guión en grupo (15 min) o alumnado redacta as preguntas e preguntan á IA seleccionada. Anotan as respostas.

Comparando mitos

Duración:
50 minutos
Agrupamento:
Grupos cooperativos (3-4 persoas)

Para realizar esta tarefa imos empregar una estrutura puzzle (tamén coñecida como Jigsaw). Distingurimeros dous tipos de agrupamento: os grupos base e os grupos expertos.

Nunha primeira fase, cada grupo base elixe unha IA distinta (por exemplo: ChatGPT, Gemini, Claude, DeepSeek) e plantexa preguntas á IA. Pódese aproveitar as preguntas feitas na entrevista da anterior tarefa. (10 minutos)

Posteriormente nunha segunda fase reúnense os grupos expertos: temporalmente. O alumnado que analiza a mesma IA investiga como funciona (fontes en PDF, vídeos ou webs accesibles).
Nesa análise cada “experto” formula duas preguntas á súa IA, compara as respostas cun/unha compañeiro/a do mesmo “grupo experto” e rexistra erros ou aciertos. (20 minutos)

Na terceira fase, o alumnado retorna ao grupo base (10 min)**. Cada experto explica as características da súa IA e amosa exemplos das respostas e crean unha táboa comparativa en papel ou dixital, valorando:

  • Calidade lingüística.
  • Creatividade.
  • Erros detectados.

Por último a clase comparte as conclusións e elabora unha reflexión final (10 min):

Feito con eXeLearning (Nova xanela)