Saltar la navegación

Inicio

Logo da Fundación

A fundación

Itinerario didáctico

A expansión acelerada das ferramentas de Intelixencia Artificial e a súa rápida integración na sociedade están a transformar a nosa vida cotiá, a nosa interacción coa tecnoloxía e a abrir unha nova etapa na evolución da sociedade da información. No ámbito educativo, este cambio supón afrontar o acceso do alumnado a aplicacións avanzadas para a creación de contido, que ofrecen resultados personalizados e interactivos capaces de simular a coherencia dun texto elaborado por unha persoa. Isto xera desafíos relevantes que inclúen o desenvolvemento de competencias dixitais específicas, a promoción dun uso responsable das tecnoloxías dispoñibles e a prevención de novas formas de desigualdade dixital e reprodución de estereotipos discriminatorios. Para garantir un uso enriquecedor da IA, é fundamental fomentar o pensamento crítico, a análise interpretativa, a responsabilidade ética e a creatividade, asegurando así unha aprendizaxe profunda e significativa.

Tarefas

As tarefas que se van a desenvolver neste itinerario pola fundación Intelligere son cooperativas, baseada en proxectos e actividades concretas a partir de situacións de aprendizaxe auténticas, significativas, profundas, flexibles e adaptadas á vosa diversidade

O proxecto propón achegarse as principais liñas literarias do xénero da ciencia ficción a través da súa relación coa representación das intelixencias artificiais na cultura así como reflexionar sobre o tipo de textualidade que promove. Nesta proposta trátase de poñer en práctica premisas sobre os mitos literarios e u uso da linguaxe na era dixital. Dentro do seu marco metodolóxico, podemos citar como aspectos que non se poden esquecer no proceso de ensinanza-aprendizaxe:

- Existe un plan de traballo na aula para resolver un problema que se percibe como auténtico.
- Plántase unha situación que o alumnado debe resolver elaborando un produto lingüístico-comunicativo multimodal.
- Organízase a aprendizaxe a través de actividades lingüísticas con un obxectivo comunicativo real, simulando situacións nas que se necesita usar tanto IA (ou os medios dispoñibles) como o idioma.
- Favorecese a colaboración e a interacción entre o alumnado.
- Modifícase o papel do alumnado, que é o protagonista activo da súa aprendizaxe.
- Os obxectivos de traballo e os indicadores de avaliación son coñecidos polo alumnado.
- Trabállanse temas próximos aos intereses do alumnado a través de tarefas que progresan desde as máis simples ás máis complexas.
- Favorécese a interdisciplinariedade e a construción global do coñecemento promovendo o desenvolvemento de competencias plurilingües e pluriculturais.
- Integrase a avaliación no proceso establecendo fases de pre-tarefa, desenvolvemento da tarefa e post-tarefa (avaliación e reflexión).
- As tarefas buscan a acción do alumnado sobre o seu propio entorno de modo que se realicen accións concretas e se alcancen obxectivos específicos.

Percorrido

 A proposta didáctica contida na proxecto da fundación Intelligere & co propón a equipos de traballo que superen diversos retos relacionados coa intelixencia artificial e as súas interseccións coa cultura, a comunicación e a lingua para finalmente propoñer á súa comunidade próxima o deseño dunha plataforma de IA específica. No percorrido o alumnado irá coñecendo mitos culturais relacionados coa intelixencia artificial e como inflúen nos debates éticos da actualidade, o tipo de texto que lle sirve de base, e os principais autores e a evolución da literatura de ciencia ficción que resoan na sociedade ao tratar co modo de observar e comprender a tecnoloxía e os seus avances. Neste sentido, quérese subliñar o valor das dimensións analítica e práctica pero tamén lúdica e creativa da comunicación humana e das súas múltiples linguas e manifestacións culturais.

Este ODE é o cuarto dunha serie de cinco secuencias didáticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado na interrelación entre a IA e a literatura, os modos linguïísticos propios da era dixital e da IA e un percorrido histórico pola evolución da ciencia ficción. A partir do seu estudo, foméntase unha comprensión comunicativa esencial para o seu éxito e preséntanse conceptos clave relacionados coas distintas competencias do perfil de saída, co obxectivo de proporcionar unha formación integral, crítica, creativa e responsable, cunha especial atención á dimensión lingüística e cultural que sustenta o avance dixital.

A estrutura modular do proxecto permite adaptar o ODE (ou partes del) a outras materias do currículo. O curso recomendado para a súa aplicación é 4º da ESO, xa que require competencias dixitais previas, unha certa madurez na argumentación e inclúe contidos curriculares axeitados, como o estudo dunha etapa literaria específica. Non obstante, o deseño do ODE posibilita a súa adaptación a outros niveis educativos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)